Abrir o menú principal

Khalifa bin Salman Al Khalifa

primeiro ministro de Bahrain

Khalifa bin Salman Al Khalifa (en árabe: خليفة بن سلمان آل خليفة‎), nado o 24 de novembro de 1935, é un xeque e político de Bahrain, primeiro ministro do seu país dende 1971, asumindo o cargo case dous anos antes da independencia de Bahrain o 15 de agosto de 1971. É o primeiro ministro co cargo máis duradeiro do mundo. Aínda mantén o seu posto, aínda que segundo a Constitución de 2002 perdeu algúns dos seus poderes, e dende entón o rei ten a autoridade de nomear (xunto co parlamento) e destituír os ministros. O rei Hamad bin Isa Al Khalifa é o seu sobriño.

Khalifa bin Salman Al Khalifa
Khalifa ibn Salman Al Khalifa.jpg
Nacemento24 de novembro de 1935
 Jasra
NacionalidadeBahrain
RelixiónIslam
Ocupaciónpolítico
PaiSalman bin Hamad Al Khalifa
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor, Grand Officer of the National Order of the Cedar, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Grand Cross of the Order of Wissam El Alaouite e Order of the Dannebrog
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

O príncipe Khalifa naceu en Bahrain, sendo o segundo fillo de Salman bin Hamad Al Khalifa, Hakim de Bahrain, e a súa muller Mouza bint Hamad Al Khalifa.[1] Foi educado no Instituto de Manama e na Escola de Palacio de Rifa en Bahrain.

NotasEditar

  1. Kingdom of Bahrain Ministry of Foreign Affairs. "H.R.H. the Prime Minister". www.mofa.gov.bh (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar