Primeiro Ministro de Bahrain

En Bahrain, o Primeiro Ministro é o xefe de goberno do país. Segundo a Constitución de Bahrain, o Primeiro Ministro é nomeado directamente polo Rei, e non necesita ser un membro electo do Consello de Representantes (a cámara baixa do Parlamento de Bahrain).

Primeiro Ministro do Reino de Bahrain

TratamentoPríncipe
Designado porRei de Bahrain
Creación19 de xaneiro de 1970
Primeiro titularKhalifa bin Salman Al Khalifa

Bahrain só tivo dous Primeiros Ministros dende a independencia do país, Khalifa bin Salman Al Khalifa, tío do actual Rei Hamad bin Isa Al Khalifa, que ocupou o cargo durante medio século, e Salman bin Hamad Al Khalifa, fillo do actual Rei.

Primeiros Ministros de Bahrein (1971–presente) editar

Nome Foto Período Tempo no cargo
1 Khalifa bin Salman Al Khalifa
خليفة بن سلمان آل خليفة
(1935–2020)
  19 de xaneiro de 1970 11 de novembro de 2020 50 anos e 297 días
2 Salman bin Hamad Al Khalifa
سلمان بن حمد آل خليفة
(1969–)
  11 de novembro de 2020 presente 3 anos e 159 días