11 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 11 de novembro é o tricentésimo décimo quinto (315º) día do ano do calendario gregoriano e número 316 nos anos bisestos. Quedan 50 días para rematar o ano.
Acontecementos
editar- 1100 - Henrique I de Inglaterra casa con Matilda de Escocia, a filla de Malcolm III de Escocia.
- 1500 - Tratado de Granada entre Fernando o Católico e Lois XII de Francia polo cal reparten Italia.
- 1875 - A primeira expedición de misioneiros salesianos partiu de Turín ata América do Sur.
- 1889 - O estado de Washington únese ós Estados Unidos como o 42º estado.
- 1918 - Alemaña réndese aos aliados. A primeira guerra mundial causou 8 millóns de mortes.
- 1918: Polonia acada a independencia.
- 1927 - Supresión do sistema parlamentario en Italia.
- 1949 - Ramón Otero Pedrayo fai a primeira intervención en galego nun acto público de posguerra, da que se ten constancia, nun acto celebrado no Posío (Ourense), polo centenario do nacemento de Valentín Lamas Carvajal.
- 1975 - Angola acada a independencia.
- 1998 - A compañía CRTVG (que comenzara as súas emisións no 1985), inicia as emisións do Teletexto por Vía Dixital.
- 1998 - Primeiro correo electrónico enviado desde Galicia, entre a Facultade de Física de Santiago de Compostela e Alemaña [1]
- 2011 - Lukas Papademos substitúe a Yorgos Papandreu como primeiro ministro grego.[2]
- 2011 - O premio Nobel de Química en 2005, Richard R. Schrock, estivo de visita en Fisterra invitado polo físico baiense Jorge Mira.[3]
Nacementos
editar- 1154 - Sancho I, rei de Portugal.
- 1473 - Frei Bartolomé de las Casas.
- 1748 - Carlos IV, rei de España.
- 1821 - Fiódor Dostoievski, escritor ruso.
- 1863 - Paul Signac, pintor neoimpresionista francés (m. 1935).
- 1866 - Antoine Meillet, lingüista francés.
- 1883 - Ramón Salgado Toimil, mestre e pedagogo galego (m. 1942).
- 1898 - René Clair, cineasta.
- 1899 - Joan Oliver (Pere Quart), escritor.
- 1904 - Alger Hiss, funcionario e espía estadounidense.
- 1909 - Robert Ryan, actor.
- 1917 - Manuel Alexandre, actor español (m. 2010).
- 1922 - Kurt Vonnegut, escritor estadounidense (m. 2007).
- 1924 - Luis Martín-Santos, escritor en lingua castelá.
- 1928 - Carlos Fuentes, escritor mexicano (m. 2012).
- 1929 - Hans Magnus Enzensberger, poeta e ensaísta alemán.
- 1936 - Alberto Vázquez-Figueroa, novelista español.
- 1942 - Juan Pardo cantante galego de orixe mallorquina.
- 1945 - Daniel Ortega, presidente de Nicaragua.
- 1957 - Ana Pastor Julián, política española.
- 1958 - Luz Casal, cantante galega.
- 1962 - Demi Moore, actriz estadounidense.
- 1966 - Benedicta Boccoli, actriz teatral italiana.
- 1978 - Emma Pedreira, escritora galega.
Mortes
editar- 565 - Xustiniano, emperador romano.
- 1285 - Pedro III, rei de Aragón.
- 1677 - Barbara Strozzi, cantante e compositora italiana (n. 1619).
- 1751 - Julien Offray de La Mettrie, filósofo e médico francés.
- 1810 - Johann Zoffany, pintor neoclásico alemán (n. 1733).
- 1817 - Francisco Javier Mina Larrea, militar español na Guerra da Independencia e loitador pola independencia de México.
- 1855 - Søren Kierkegaard, filósofo dinamarqués.
- 1882 - Estanislao Figueras, político español (n. 1819).
- 1908 - Manuel Vázquez de Parga, avogado e político galego (n. 1828).
- 1912 - José Canalejas Méndez, político ferrolán, xefe do Goberno de España. (asasinado).
- 2003 - Miquel Martí i Pol, escritor, poeta e tradutor catalán.
- 2004 - Yaser Arafat, líder da Autoridade Nacional Palestina.
Festas e celebracións
editar
- Día do Peón, porque Polo San Martiño, peóns ao camiño [4].
- Día do Solteiro (ou Single Day) [5]. Outra data para celebrar o Día do Solteiro foi o 13 de febreiro, a véspera do afamado Día dos Namorados.
- Festa da Tradición na Arxentina. En homenaxe polo falecemento de José Hernández, senador e escritor arxentino con raíces federais, autor do poema nacional Martín Fierro.
Outros
editar- Santoral: San Martiño de Tours, patrón de Ourense; festividade que a tradición marca para a mata do porco. San Teodoro Estudita.
Notas
editar- ↑ "Aquel primer 'e-mail' gallego", en La Voz de Galicia 24.11.2020.
- ↑ El nuevo Gobierno griego toma las riendas..., El País (en castelán).
- ↑ Nova visita dun Nobel a Fisterra en La Voz de Galicia
- ↑ La Voz de Galicia, 7.12.2016.
- ↑ "El Día del Soltero: ¿cuál es su origen y por qué se celebra?" (en castelán).