Ana Pastor Julián

política galega

Ana María Pastor Julián, nada o 11 de novembro de 1957 en Cubillos, provincia de Zamora,[1] é unha médica e política española que realizou a maioría da súa vida profesional en Galicia.

Ana Pastor Julián
Nome completoAna María Pastor Julián
Nacemento11 de novembro de 1957
Lugar de nacementoCubillos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítica
CónxuxeJosé Benito Suárez Costa
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
Na rede
Facebook: anapastorjulian Twitter: anapastorjulian Instagram: anapastorpp Dialnet: 637476 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Ana María Pastor Julián.

Foi ministra de Sanidade e Consumo do Goberno de España de 2002 a 2004, ministra de Fomento de 2011 a 2016 e presidenta do Congreso dos Deputados de 2016 a 2019.

Traxectoria editar

Formación editar

Naceu no seo dunha familia de labradores. O seu pai, Victoriano Pastor Serrano, aínda que nacido en Viveiro, residía na vila zamorana de Cubillos.[2] Ana Pastor fixo os seus primeiros estudos na escola da súa vila natal, sendo unha alumna avantaxada de Evangelina, a súa mestra. Na súa xuventude pensaba ser matemática,[1] pero máis tarde orientouse cara á medicina, licenciándose na Universidade de Salamanca, e especializándose en Medicina Familiar e Comunitaria.

Ademais de licenciada en Medicina e Cirurxía, é MBA en Business Administration.[3] Ademais, é funcionaria do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria do Estado.[Cómpre referencia]

Actividade como médica editar

O seu primeiro destino profesional foi como médica no centro de saúde do concello de Crecente, posto obtido por oposición. Alí coñeceu ao que sería o seu marido, o crecentense José Benito Suárez Costa, hoxe presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.[1][4]

Posteriormente foi xefa do servizo de Planificación Sanitaria da delegación pontevedresa da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, logo foi xerente de Atención Primaria na provincia de Pontevedra e despois directora provincial do Servizo Galego de Saúde.

Actividade na política editar

 
Ana Pastor canda Rosa Díez, nunha manifestación de Galicia Bilingüe.
 
Ana Pastor en 2014.

En 1996, tras o triunfo electoral do Partido Popular nas eleccións xerais, foi nomeada directora xeral da Mutualidad Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), dependente do ministerio de Administracións Públicas, que tiña daquela como titular a Mariano Rajoy.

A partir dese momento inicia unha carreira ascendente na administración do Estado, que a levan a ocupar sucesivamente os postos de subsecretaría en todos os departamentos dos que Rajoy foi nomeado ministro: Educación e Cultura (1999), Presidencia (2000) e Interior (2001). Finalmente, entre 2002 e 2004 convértese en ministra de Sanidade e Consumo.[5]

 
Eleccións a Cortes 2016. Candidatos a deputados por Pontevedra polo PP.

Foi elixida deputada en 2000, 2004, 2011, decembro de 2015 e de xuño de 2016 polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra.

Desde 2004 é Secretaria Executiva de Política Social e Benestar do PP.

En 21 de decembro de 2011 foi designada ministra de Fomento por Rajoy, para formar parte do primeiro goberno do PP tras o triunfo do devandito partido nas Eleccións Xerais do 20 de novembro, posto que ocupou durante toda a lexislatura.

Presidencia do Congreso editar

O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou o 18 de xullo de 2016 que Pastor era a candidata dos populares á presidencia do congreso dos Deputados.[6]

O 19 de xullo de 2016 foi proclamada presidenta do Congreso da XII Lexislatura. A súa designación necesitou de dúas roldas de votacións da sesión constitutiva, xa que na primeira non alcanzou a maioría absoluta requirida polo regulamento da Cámara. Na segunda acadou a maioría simple, obtendo 169 votos dos deputados do PP e de Ciudadanos, e 10 máis seguramente dos nacionalistas cataláns e vascos, fronte aos 155 obtidos polo candidato socialista e anterior presidente da Cámara, Patxi López (ademais, houbo 25 votos en branco).[5][7][8]

Tras a súa toma de posesión, Pastor converteuse na segunda muller que preside o Congreso, tras a tamén popular Luisa Fernanda Rudi.[9][10]

Ao día seguinte á súa proclamación, a nova presidenta foi recibida polo rei Filipe VI, a quen lle comunicou oficialmente que a Cámara Baixa quedara constituída e lle trasladou a relación de forzas políticas que a compoñen, para que o xefe do Estado poida iniciar así a rolda de consultas políticas previas á investidura.[5][11]

Honras e distincións editar

  • No ano 2000 foi galardoada coa Medalla de Galicia, na súa categoría de prata.
  • No ano 2003 foi nomeada filla adoptiva de Crecente, e déuselle o seu nome á praza principal da vila, anteriormente denominada plaza del Caudillo.[12]

Cargos públicos desempeñados desde 1999 editar

Predecesor:
Ignacio González González
  
Subsecretaria de Educación, Cultura e Deporte
 
1999-2000
Sucesor:
Mariano Zabía Lasala
Predecesor:
Juan Junquera González
  
Subsecretaria da Presidencia
 
2000-2001
Sucesor:
Dolores de la Fuente Vázquez
Predecesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín
  
Subsecretaria do Interior
 
2001-2002
Sucesor:
María Dolores de Cospedal García
Predecesor:
Celia Villalobos
  
Ministra de Sanidade e Consumo
 
2002 - 2004
Sucesor:
Elena Salgado
Predecesor:
Ángeles Muñoz
  
Secretaria executiva de Política Social do PP
 
2004 - 2008
Sucesor:
José Ignacio Echániz
Predecesor:
Jordi Vilajoana
  
Vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados
 
2008 - 2011
Sucesor:
Javier Barrero
Predecesor:
Xosé Blanco
  
Ministra de Fomento
 
2011 - 2016
Sucesor:
Rafael Catalá (en funcións)
Predecesor:
Patxi López
  
Presidenta do Congreso dos Deputados
 
2016 - 2019
Sucesor:
Meritxell Batet

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 El perfil de Ana Pastor. La amiga de Rajoy en Hoy.es, 12-01-14.
  2. Fallece el padre de la ministra de Fomento, Ana Pastor La Opinión de Zamora, 11-07-2014.
  3. Ficha de Ana pastor no Congreso dos deputados, X lexislatura Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine..
  4. José Benito Suárez se perfila como sustituto de Surís en la Autoridad Portuaria de Marín La Voz de Galicia, 24-04-2009.
  5. 5,0 5,1 5,2 Ana Pastor traslada al Rey la nueva composición del Congreso Arquivado 21 de xullo de 2016 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 20-07-2016.
  6. "Mariano Rajoy propone a Ana Pastor como candidata a la presidencia del Congreso". 20 minutos. 18/7/2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. .
  7. Ana Pastor, elegida presidenta del Congreso. La cabeza de lista del PP por Pontevedra logra el respaldo de Ciudadanos y se impone al socialista Patxi López La Voz de Galicia, 19-07-2016.
  8. "Los nacionalistas ayudan a Rajoy para que pueda controlar el Congreso". El País. 20 de xullo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2016. 
  9. Congreso de los Diputados (19 de xullo de 2016). "Ana Pastor, elegida presidenta del Congreso de los Diputados para la XII Legislatura". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2016. .
  10. El Mundo (19 de xullo de 2016). "Ana Pastor, presidenta del Congreso con 169 votos a favor frente a los 155 de Patxi López". Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  11. El rey comunicará mañana el nuevo calendario de consultas La Voz de Galicia, 20-07-2016.
  12. La ministra regresa a su consulta La Voz de Galicia, 5-07-2003.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar