Patxi López

político español

Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.

Patxi López
Nome completoFrancisco Javier López Álvarez
Nacemento4 de outubro de 1959
Lugar de nacementoBarakaldo e Portugalete
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiEduardo López Albizu
Na rede
http://www.patxilopez.com
Facebook: PatxiLopez Twitter: patxilopez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia obreira e dende neno aleitou as ideas socialistas: o seu pai era o histórico dirixente do socialismo vasco Eduardo López Albizu "Lalo". Ingresou nas Mocidades Socialistas de Euskadi en 1975, sendo elixido Secretario Xeral en 1985, cargo que ocupa ata 1988. Ingresou no Partido Socialista de Euskadi en 1977, entrando a formar parte da súa Comisión Executiva en 1988. Foi elixido en 1986 Deputado por Biscaia no Congreso dos Deputados sendo un dos electos máis novos de España ata 1990. Asumiu a Secretaría de Organización do PSE en 1991, cargo do que dimite en 1995 para asumir a Secretaría Institucional dos Socialistas Biscaíños ata 1997. En outubro dese mesmo ano é elixido Secretario Xeral do PSE-EE de Biscaia, sendo reelixido en decembro de 2000.

Foi elixido Secretario Xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra PSE-EE o 23 de marzo de 2002. É membro do Comité Federal do PSOE e Deputado no Parlamento Vasco dende 1991, onde actualmente é o Presidente do Grupo Parlamentario "Socialistas Vascos - Euskal Sozialistak".

En outubro de 2007, xunto ao Presidente do Goberno Vasco, Juan José Ibarretxe, e ao dirixente socialista Rodolfo Ares, foille aberto xuízo oral polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, en contra da opinión do Ministerio Fiscal, acusado dun delito de desobediencia en virtude do establecido no artigo 556 do Código Penal, ao terse reunido o 6 de xullo de 2006, durante a tregua de ETA, coa organización ilegal Batasuna.

Lehendakari editar

 
Patxi López en plena campaña para as autonómicas vascas de 2009.

Nas eleccións ó Parlamento Vasco, celebradas o 1 de marzo de 2009, o Partido Socialista de Euskadi obtivo 25 escanos, sendo o segundo partido en votos e en escanos, por detrás do Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (30 escanos). O 26 de marzo de 2009, en contra do prometido en campaña electoral, o PSE-EE chegou a un acordo de investidura co Partido Popular, a terceira forza nas eleccións (que obtivera 13 parlamentarios). Entre ambos partidos sumaban 38 dos 75 escanos da cámara. Hai que ter en conta que a maioría formada por PSE-EE e PP non podería ter alcanzado maioría abondo para gobernar se a Esquerda Abertzale non tivera sido ilegalizada, xa que contabilizando o voto nulo PSE-EE e PP houberan quedado con 33 escanos. O pacto incluía a cesión da presidencia do Parlamento Vasco ó PP. O 5 de maio, Patxi López foi investido lehendakari,[1] co voto de PSE-EE, PP e UPyD, e o 7 de maio prometeu o cargo baixo o carballo de Gernika, utilizando unha fórmula distinta da que utilizaran os lehendakaris ata entón e que recitou tanto en castelán coma en éuscaro:

De pé en terra vasca, baixo a Árbore de Gernika, ante vós, representantes da cidadanía vasca, en recordo dos antepasados, prometo desde o respecto á Ley desempeñar fielmente o meu cargo de lehendakari.

En 2010 se deuse a coñecer que a organización terrorista ETA planeou o seu asasinato cun rifle de francotirador para forzar unha negociación co Goberno de España. Esa mesma organización desmentiu máis tarde eses plans, acusando ademais o goberno de mentir de maneira intencionada.[2]

O 13 de decembro de 2012, e tras volver a gañar o PNV as eleccións autonómicas, foi substituído na lehendakaritza por Iñigo Urkullu.


Predecesor:
Juan José Ibarretxe
  
Lehendakari
 
2009 - 2012
Sucesor:
Iñigo Urkullu
Predecesor:
Nicolás Redondo Terreros
 Secretario Xeral do PSE-EE-PSOE 
2002 - 2014
Sucesor:
Idoia Mendia

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar