Provincia de Zamora

provincia española na comunidade autónoma de Castela e León

A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Zamora
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°45′N 6°00′O / 41.75, -6
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León Editar o valor en Wikidata
CapitalZamora Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación174.544 (2018) Editar o valor en Wikidata (16,53 hab./km²)
Lingua usadalingua asturiana
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie10.559 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPena Trevinca (2.127 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDeputación de Zamora Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-ZA Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES419 Editar o valor en Wikidata
Código INE49 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdiputaciondezamora.es Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 7503 BNE: XX4575387

O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 174.544 habitantes no 2018. Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.

Orixe da provincia

editar

A provincia nace como tal co establecemento da División territorial de España en 1833, sendo adscrita á rexión do Reino de León. Parte dos seus territorios antes formaban parte doutras provincias como a de Valladolid e a extinta provincia de Toro.

Comarcas

editar

As comarcas da provincia son:

Mancomunidades

editar

Os municipios da provincia están agrupados nas seguintes mancomunidades:

Fronteiras

editar

A provincia limita coas seguintes provincias: ao norte e sur coas provincias de León e Salamanca respectivamente , ao Leste coa Valladolid, e ao oeste coa galega Ourense e tamén co distrito portugués de Braganza.

Características

editar

Comprendida na submeseta norte, o seu territorio presenta numerosos contrastes. Destaca unha zona montañosa ao norte, parte dos Montes de León, con alturas que chegan aos 2.127 m (Pena Trevinca). Na zona occidental da provincia, a Serra de La Culebra rexistra alturas de ata 1.243m (Pena Mira) e acolle no seu seo a Reserva Nacional de Caza do seu mesmo nome, con importantes poboacións de lobo ibérico (as máis significativas da península), cervos e xabaríns, entre outros. Ao SO da provincia o río Douro discorre encaxonado nunha garganta denominada Las Arribes del Duero con desniveis de ata 200 m, constituíndo unha fronteira natural con Portugal. A zona centro, leste e sur presenta a típica chaira meseteña.

Hidrografía e recursos do subsolo

editar

A hidrografía provincial está fortemente marcada polo Douro, que a atravesa de leste a oeste, e os seus afluentes: Valderaduey, Esla, Órbigo, Teira, Cea, Aliste, (estes 4 últimos afluentes do Esla), Guareña, Tormes. A excepción constitúea o río Bibei, afluente do Sil, que discorre pola zona máis noroccidental da provincia. As augas do Douro, do Teira, do Esla, do Bibei e do Tormes foron embalsadas ao longo do seu curso pola provincia para aproveitamento hidroeléctrico, sendo os encoros de maior capacidade o de Almendra no Tormes e o de Ricobayo no Esla. De particular interese son o Lago de Sanabria, o maior da península de orixe glaciar e as Lagoas de Villafáfila, de carácter estepario, con importantes concentracións de aves en determinadas épocas do ano.

Existen augas mineiro-medicinais nas vilas de Almeida, Ribadelago (Bouzas) e Calabor.

Lingüística

editar

O idioma predominante é o castelán, mais tamén se conserva o leonés en zonas como Sanabria[1], Benavente[2], Aliste,[3], Sayago[4]. O seu arraigo é maior canto máis ao noroeste e máis disperso canto máis ao sur e leste [5] Nos vales do Tuela e o Bibei fálase galego (concellos de Porto, Hermisende, Pías, Lubián), onde ten cotas de emprego superiores ao 95%[6][7].

  1. Frías Conde, F.X. El sanabrés. Anuario do Instituto de Estudos Zamoranos "Florián Ocampo". Deputación de Zamora, 1999
  2. Ynduráin, Francisco. Notas sobre el habla de Benavente (Zamora).
  3. Curto López, Mª Rosa. Nuevas aportaciones dialectales al habla de la Tierra de Aliste. Universidade de Valladolid, 1973.
  4. Stern, Charlotte. Sayago and Sayagués in Spanish History and Ltierature. Hispanic Review, XXIX, University of Pennsylvania, 1961.
  5. Morala Rodríguez, José Ramón. Originales y copias: El proceso de castelanización en el área leonesa. Actas do V Congreso Internacional de Historia da Lingua Española, Valencia 31 de xaneiro -4 de febreiro 2000 / coord. por María Teresa Echenique Elizondo, Juan P. Sánchez Méndez, 2002.
  6. E-PrintsUCM - O galego exterior ás fronteiras administrativas (en castelán)
  7. Textos do galego exterior

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar