Río Cea, río Esla
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cea.
O Cea é un río do noroeste de España, afluente do río Esla, que discorre polas provincias de León, Valladolid e Zamora. Ten unha lonxitude de 163 km.
Cea | |
---|---|
O Cea ao seu paso por Mayorga. | |
País | Castela e León España |
Nacemento | Fuente del Pescado, Prioro |
Altitude | 1.213 m |
Lonxitude | 163 km |
Caudal medio | 282,3 hm³/ano |
Desembocadura | Río Esla |
Nace no municipio leonés de Prioro, na Fuente del Pescado, e desemboca no Esla en Castrogonzalo, na provincia de Zamora. A Canle Cea-Carrión toma auga do río Cea en Galleguillos de Campos.