Río Esla
O Esla é un río da provincia de León, no noroeste da Península Ibérica. É un afluente do Douro, que nace na Cordilleira Cantábrica e ten 285 km de percorrido, cruzando de Norte a Sur as provincias de León e Zamora. É o afluente máis caudaloso do Douro, de xeito que cando desemboca neste, leva máis caudal que o propio Douro (de aquí o tradicional dito "el Esla lleva el agua y el Duero la fama", análogo ao que se di do Pisuerga e tamén o Douro, ou do Sil e o Miño).
Río Esla | |
---|---|
O río Esla | |
País | España |
Lonxitude | 285 km |
Desembocadura | Río Douro |
Sobre o nacemento do Esla hai controversias, desde quen asegura que nace en San Glorio, Pandetrave e Arcenorio; mentres outros aseguran que nace no Porto de Tarna, no val de Burón.
Datos históricosEditar
Este río era o Astura dos romanos (pronunciado seguramente Ástura), do cal os antigos ástures tomaran o nome. (Os ástures poboaban ambos lados dos Montes Cantábricos, dividíndose de acordo con eles en ástures transmontanos, os que vivían entre o cordal e o mar Cantábrico, e ástures cismontanos, que eran os da Meseta leonesa actual e terras bercianas e galegas achegadas).
Durante a Idade Media o nome evoluciona para Estola (Éstola), para finalmente por un paso intermedio *Ést-la, dar lugar á actual forma Esla.
AfluentesEditar
Os seus principais afluentes son: