Río Órbigo
O río Órbigo é un curso fluvial das provincias de León e Zamora. A orixe do nome resulta explicábel polo éuscaro, como «dous ríos» "Ur-bikoa"[Cómpre referencia].
Río Órbigo | |
---|---|
País | España |
Lonxitude | 162 km |
Caudal medio | 1.224 hm³/ano |
Desembocadura | Río Esla |
Descrición
editarO Órbigo nace da unión do río Luna, procedente da Serra dos Grajos e o río Omaña, procedente dos Montes de León, no concello de Llamas de la Ribera. Percorre de norte a sur a provincia de León, unindo as súas augas ás do río Esla por baixo de Benavente.
Afluentes
editarEntre os máis importantes tributarios do Órbigo son, pola beira dereita, estes: o río Duerna, o Tuerto, o Jamuz e mais o Ería. De entrada pola esquerda, está unicamente o río Luna.
Accidente tráxico
editar- Artigo principal: Accidente do río Órbigo.
O 10 de abril de 1979 un autocar cheo de nenos vigueses caeu ao río Órbigo, á altura de Santa Cristina de la Polvorosa, levando por diante a vida de 49 persoas, 45 nenos e 4 adultos.
Lendas
editarExiste unha teoría pola cal, o hoxe chamado río Luna debeu ser o verdadeiro Órbigo. Cóntase que en tempos do Conde Luna, este mandou cambiar o nome do curso fluvial, pondo o seu ás augas que se encontraban dentro do seu condado.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Órbigo |