Mancomunidade de Alta Seabra

A Mancomunidade de Alta Seabra é unha asociación voluntaria de concellos da provincia de Zamora para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal. Ten personalidade xurídica propia, ademais da consideración de entidade local. Engloba unha poboación de case 2.000 habitantes espallados en diferentes núcleos de poboación da bisbarra de Seabra.

Concellos integrados

editar

A mancomunidade de Alta Seabra está formada polos seguintes concellos: Hermisende, Lubián, Pías e Porto[1].

Terá a súa capitalidade, alternativamente, no municipio onde radique a súa presidencia, tendo como domicilio social e lugar de reunións as respectivas casas consistoriais[1].

A mancomunidade ten por obxecto xuntar os esforzos e posibilidades económicas dos devanditos Concellos prá creación e sostemento das seguintes actividades e servizos[1]:

  • Recollida e tratamento de lixo.
  • Limpeza viaria.
  • Conservación de camiños e vías rurais.
  • Patrimonio tradicional e cultural.
  • Promoción de actividades culturais, ocupación do lecer e do turismo.
  • Promoción económica e social.
  • Completar os servizos de abastecemento domiciliario de auga domiciliaria, de auga potable, rede de sumidoiros e augas residuais.
  • Asesoramento e información, xurídica, técnica e urbanística.

Estrutura orgánica

editar

O goberno e administración da Mancomunidade corresponde aos seguintes órganos[1]:

  • Asemblea de Concelleiros.
  • Consello Directivo.
  • Presidente.
  • Vicepresidente.