Hermisende
Coordenadas: 41°58′07″N 6°53′43″O / 41.9686699, -6.8953227
Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «hermisendeiro» [1].
Hermisende | |
---|---|
![]() | |
Igrexa de Hermisende | |
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | ![]() |
Comarca | Seabra |
Xeografía | |
Altitude | 865 msnm |
Superficie | 108,75 km² |
Demografía | |
Poboación | 321 hab. (INE 2011) |
Densidade | 2,88 |
Xentilicio | hermisendeiro/a - liroto/a |
Outros datos | |
Código postal | 49572 |
Alcalde | José Ignacio González Nieto (PSOE) |
www.hermisende.com |
A localidade de Hermisende pertenceu a Portugal ata a Guerra de Restauración portuguesa en 1640, tal como as aldeas veciñas de San Ciprao e da Teixeira. Chamábase até entón Ermesende, pronuncia que continúa sendo popular no lugar, mesmo articulada con [z] sonora entre os máis vellos.
Neste concello sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galiza.
PoboaciónEditar
Hermisende posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,55% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
2000 | 2010 |
---|---|
444 | 313 |
ParroquiasEditar
- Hermisende
- A Teixeira
- San Ciprián ou San Cibrao
- Castrelos
- Castromil
FestasEditar
- Sagrado Corazón de Xesús: Unha semana despois do Corpus Christi.
- Festas en honor da Virxe da Asunción e San Roque: 15 e 16 de agosto.
- Tradicional volta á vila e carreira popular: 14 de agosto.
- Magosto: Na ponte de Todos os Santos.
NotasEditar
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web do concello (en castelán)
- "A fala de San Ciprián de Hermisende" (Capítulo 393 de Ben falado!, 22 de decembro de 2010)