San Ciprián, Hermisende

San Ciprián (San Ciprao na fala galega local[1]) é unha aldea pertencente ao concello zamorano de Hermisende, nas bisbarra das Portelas, unha sub-bisbarra de Seabra, Castela e León.

É unha poboación de lingua galega ao igual có resto do concello de Hermisende. Coma Hermisende e A Teixeira, pertenceu a Portugal ata 1640, ano no que tivo lugar a independencia de Portugal após a Guerra de Restauración portuguesa.

LocalizaciónEditar

Dende Hermisende e en dirección a Castromil, en apenas 2 km, tras ascender unha pendente atópase San Ciprián.[2]

PatrimonioEditar

Da súa igrexa parroquial chama a atención o seu pórtico. Baixo a espadana encóntrase a porta en arco, con orelleiras e enmarcadas por pilastras. No interior, un retablo maior neoclásico de columnas corintias, xaspeadas en verde e azul. Nunha fornela encóntrase a figura de Cibrán de Cartago.[3]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Fotos de San Ciprián