José Rodríguez Cruz

etnógrafo galego
(Redirección desde «Xosé Rodríguez Cruz»)

José Rodríguez Cruz, nado na Gudiña o 29 de novembro de 1956, é un etnógrafo[1] galego.

Infotaula de personaJosé Rodríguez Cruz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
A Gudiña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónetnógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nas súas investigacións ten recadado información sobre toponimia, refráns, cantigas, crenzas, lendas, ditos e adiviñas, contos, así como sobre o Entroido e o traxe galego, desenvolvendo esta labor na súa comarca natal e na contorna do sueste da provincia de Ourense, Tras os Montes en Portugal e Seabra na provincia de Zamora.

Entre setembro de 2000 e xuño de 2006 foi impulsor da Asociación Cultural Padroado da historia e das tradicións da Gudiña, entidade que organizou actividades culturais, un concurso escolar sobre relatos curtos no ámbito da contorna de Conso-Frieiras.[2]

En 2011 era membro da Asociación de Amigos do Couto Mixto[3].

Ten realizado colaboracións co sacerdote portugués António Lourenço Fontes en traballos sobre A Raia Seca e no Congreso de Medicina Popular que el organiza en Vilar de Perdízes (Montalegre). Colaborou tamén en diversos artigos con Xesús Ferro Ruibal.

Obras editar

Obras individuais editar

  • Breve guía da Gudiña (Concello da Gudiña, 1992).
  • Máscaras de Entroido no Sureste Ourensán (Edición de autor, 1998).[4]
  • A Gudiña, Historia, Arte e Natureza. (Concello da Gudiña, 2000). Guía sobre o concello da Gudiña, publicada en lingua galega.
  • La Gudiña, Historia, Arte y Naturaleza. (Concello da Gudiña, 2000). Guía sobre o concello da Gudiña, publicada en castelán.
  • Así falan na Gudiña (Deputación Provincial de Ourense, 2000).[4]
  • Terra das Frieiras, con Eligio Rivas Quintas, (Deputación Provincial de Ourense, 2002).
  • A Gudiña: Un concello singular. Estudo etnográfico e histórico, introductorio, inmerso na obra Cantares da Terra das Frieiras, de Xosé Lois Foxo (2003).
  • Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca. A máxica fronteira Galego-Portuguesa, con António Lourenço Fontes (Ir Indo, 2004).[5]
  • Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste de Ourense. Premios Antonio Fraguas, 1998, 2002 e 2003 (Deputación Provincial de Ourense, 2004).[4]
  • A Gudiña. Achégate a visitarnos. Descubrirás novas sensacións. Concello da Gudiña, 2005). Tríptico con información turística.
  • Marín, terra e mar. Os mareantes e a Confraría de San Miguel, con Eligio Rivas Quintas (Deputación Provincial de Pontevedra, 2005).
  • A Cega de Covelo. Breves pasaxes dunha vida exemplar. Estudo etnográfico e histórico, introdutorio, inmerso na obra Cantares da Cega do Covelo, de Xosé Lois Foxo (2005).
  • Cultura e fala popular de San Ciprián de Hermisende, unha achega etnográfica e léxica para o estudo do idioma galego en áreas periféricas da nosa Comunidade.[6]. (Deputación Provincial de Ourense. 2007).[7]
  • Terras do Riós. Estudo etnográfico e histórico, introductorio, inmerso na obra Cancioneiro das Terras do Riós, de Xosé Lois Foxo (2007).[8]
  • A festa dos Maios en Marín, xunto con Clodio González Pérez (Deputación Provincial de Pontevedra, 2014).[9]
  • Contos e lendas arraianos (Xerais, 2016).[10]
  • A Cova do Tesouro e outros relatos (Edición de autor, 2017).
  • O Couto Mixto. Aspectos folclóricos (Laiovento, 2018).

Obras colectivas editar

  • Un futuro para a lingua. (Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, 2002).[4]
  • Palabra por palabra. Contos da Policía (Ir Indo, 2003).[4]
  • Anuario da gaita, 2003, 2011, 2016.
  • Arraianos III, primavera 2005; IV outono 2005; V primavera-verán 2006; VIII xaneiro 2008.
  • Lethes. Cadernos Culturais do Limia 7, 2006.
  • En galego, con toda seguridade (Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, 2007).
  • López Gómez, F. S.; Rodríguez Cruz, X. & Fidalgo Santamariña, X. A. (2009). 2.- As caras do Entroido das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. En, Fidalgo Santamariña, X. A.(Coord.). As caras do entroido ourensán.Ourense: Deputación Provincial de Ourense/Fundación Caixa Galicia, pp. 61 – 85.[4]
  • Limiaxinacións. Cadernos Culturais do Limia 10, 2009.

Artigos editar

Ao longo do tempo ten publicado artigos de carácter etnográfico en diversos xornais e revistas culturais: La Región[11][3], Faro de Vigo[Cómpre referencia] La Voz de Galicia (A Coruña),Diario de Pontevedra, Atlántico Diario, Notícias de Barroso (Vilar de Perdízes-Portugal), El Norte de Castilla, A Tempo (Verín), O Irmandiño (Verín), Acibal (Marín), A Nosa Bisbarra (Viana do Bolo), Lethes, Arraianos, Auria etc.

Desde o ano 2008 ten realizado colaboracións no xornal mensual O Sil sobre a Festa do Entroido e logo sobre temas etnográficos relacionados co espazo fronteirizo con Portugal.[4] Entre setembro de 2013 e maio de 2017 crea no devandito xornal a sección Crónicas Raianas, publicando artigos relacionados co espazo fronteirizo e posteriormente, no mesmo xornal crea a sección Conversas entre arraianos, cun contido etnográfico a modo de entrevista.[12]

Premios e recoñecementos editar

  • O seu labor de investigación sobre a vestimenta tradicional galega ten sido recoñecida co 1º Premio Antonio Fraguas en varias ocasións[4]:
De como os devanceiros da Gudiña (e contornas) facían a súa vestimenta tradicional (1998).
A coroza. A capa máis anterga (2002).
A vestimenta tradicional do pastor. Notas sobre a actividade pastoril nos derrames da Serra de Queixa (2003).
Algúns exemplos da artesanía tecelá e da indumentaria de Entroido na fronteira Galego-Portuguesa (2005).
Indumentaria e fala. Escolma de fraseoloxía relacionada (2010).
Notas sobre vestimenta antiga e popular na zona Noroeste Peninsular. Algúns exemplos recadados de nacementos, retablos, códices, pinturas e outros. Séculos XVI, XVII, XVIII e XIX (2014).

2º Premio de investigación Raigame na edición de 2007, outorgado polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo[4] polo traballo de investigación Cultura e fala popular de San Ciprián de Hermisende, unha achega etnográfica e léxica para o estudo do idioma galego en áreas periféricas da nosa Comunidade

  • Confrade de Honra da Confraría de Mareantes San Miguel de Marín, polos traballos sobre a nosa cultura, tradición e difusión (2005)[13]

Notas editar

  1. "Rodríguez Cruz: «En O Couto Mixto se producía en su momento tabaco y lino»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  2. O Fiadeiro. CEIP Laureano Prieto, 2005.
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Cruz, J. (30 de xuño de 2011). "Paula Godinho, xuíza honoraria do Couto Mixto". La Región. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 "Ficha do autor". Edicións Xerais. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  5. "Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  6. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  7. "Publicacions_editadas_2008". publicacions.depourense.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  8. "Publicacions_editadas_2007". publicacions.depourense.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  9. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  10. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  11. Rodríguez Cruz, J. (6 de agosto de 2013). "A Nosa Bisbarra: referente cultural de viana". La Región. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  12. Rodríguez Cruz, J. (9 de novembro de 2018). "Conversas entre arraianos: Amélia Santos, artista barrosã". O Sil. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  13. Santos Pena, J. (28 de setembro de 2005). "El libro sobre San Miguel y Marín se presenta hoy en el Museo Torres". Faro de Vigo (en castelán). 
  14. "Cento cincuenta anos sen privilexios". La Región. 3 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  15. "Xuices Honorarios 2009". Galeguizar Galicia. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  16. "Resólvense os Premios Lois Peña Novo". Consello da Cultura Galega. 25 de xullo de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  17. "Os premios Lois Peña Novo recoñecen un ano máis o compromiso social coa lingua galega". www.edu.xunta.gal. 30 de xuño de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Xosé Rodríguez Cruz no programa Ben falado! nº 371, 22 de novembro de 2010; Léxico do traxe da montaña no programa Ben Falado! nº 387, 14-12-2010; A fala de San Ciprián de Hermisende no programa Ben Falado! nº 393, 22-12-2010.