A Gudiña
Coordenadas: 42°3′39″N 7°8′17″O / 42.06083, -7.13806
A Gudiña (do antropónimo xermánico Gotina)[9] é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).
A Gudiña | |
---|---|
Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[2] | gudiñao[1] |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Viana |
Poboación | 1.180 hab. (2022)[3][4] |
Área | 171,4 km²[4] |
Densidade | 6,88 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[5] |
Política (2019[6]) | |
Alcalde | José María Lago Cabo (PPdeG[7]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 |
Eleccións municipais na Gudiña | |
Uso do galego[8] (2011) | |
Galegofalantes | 92,18% |
Na rede | |
agudina.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total | 1308 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 86 (6.57 %) |
Entre 15 e 64 anos | 776 (59.33 %) |
Maiores de 65 anos | 446 (34.1 %) |

Evolución da poboación de A Gudiña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2697 | 2465 | 2275 | 2605 | 1625 | 1562 | 1.554 | 1.506 | 1.508 | 1.461 | 1.392 | 1.345 | 1.360 | 1.308 | 1254 | 1236 | 1,232 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.
Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.
Pola Gudiña pasa tamén a Vía da Prata do Camiño de Santiago.
HistoriaEditar
No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.
O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.
O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.
O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.
En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica[10] contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa,ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.
IrmandamentosEditar
O concello da Gudiña está irmandado co de Puebla de Zaragoza (México), anteriormente chamado Puebla de los Ángeles[11], onde faleceu o misioneiro gudiñao Sebastián de Aparicio.
A Gudiña na literatura popularEditar
- O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [12].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes da Gudiña.
Entre A Gudiña e Vilariño de Conso.
Lardeiro no Tameirón.
ParroquiasEditar
Lugares da GudiñaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Gudiña vexa: Lugares da Gudiña.
NotasEditar
- ↑ Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Gudiña".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Gudiña". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (22/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: A Gudiña (Youtube).
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ González Palau, D. (2010). Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local. IGADI. p. 118. ISBN 978-86-613-8468-6
|isbn=
incorrecto: checksum (Axuda). - ↑ Lorenzo Fernández, X. (1973). Cantigueiro popular da Limia Baixa. p. 117.. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Gudiña |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |