Sebastián de Aparicio

beato franciscano galego

Sebastián de Aparicio Prado, nado na Gudiña o 20 de xaneiro de 1502 e finado en Puebla (México) o 25 de febreiro de 1600, foi un relixioso franciscano galego.

Sebastián de Aparicio
Gudiña10.jpg
escultura de Sebastián de Aparicio na Gudiña
Nacemento20 de xaneiro de 1502
Lugar de nacementoA Gudiña
Falecemento25 de febreiro de 1600
Lugar de falecementoPuebla de Zaragoza
SoterradoEstado de Puebla
NacionalidadeCoroa de Castela
RelixiónIgrexa católica latina
Ocupaciónmisioneiro, relixioso cristián e arriero
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A lenda conta que un lobo o curou da peste bubónica cando rapaz[1]. De mozo foi á seitura a Castela, e posteriormente traballou como xornaleiro en Zafra e como criado en Sanlúcar de Barrameda. En 1533 emigrou a México, onde se estableceu na cidade de Puebla como agricultor e gandeiro, e posteriormente entrou no mercado do transporte por estrada, onde avogou pola construción da Ruta da Prata mexicana e mais polo emprego de animais no transporte de mercadorías, en substitución de humanos indíxenas. Logo mercou propiedades na Cidade de México e trasladouse a vivir nelas (en Chapultepec e Atzcapotzalco). Casou por dúas veces, en 1562 e 1564, con dúas rapazas novas, mais as dúas faleceron de forma rápida.

En 1573 doou todas as súas propiedades a un convento de clarisas e ingresou nel como traballador. Ao ano seguinte fíxose frade franciscano en Cidade de México e en 1575 entrou nun convento en Tecali de Herrera, preto de Puebla. En 1576 marchou ao convento de Puebla, onde permaneceu ata a súa morte, traballando como esmolante. Alcumárono "o frade das carretas".

Foi beatificado o 17 de maio de 1789 polo seu labor misioneiro en México. Os seus restos están expostos na igrexa de San Francisco, en Puebla.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar