Lalín

concello da comarca de Deza, na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°39′N 8°6′O / 42.650, -8.100

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.201 habitantes (2022),[8] repartida entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10.000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 61,83 hab./km² e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

Lalín
Bandeira de Lalín
Escudo de Lalín
Nova Casa do Concello de Lalín.JPG
Casa do Concello.
Situacion Lalín.PNG
Situación
Xentilicio[1]lalinés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación20.201 hab. (2022)[2][3]
Área326,8 km²[3]
Densidade61,81 hab./km²
Entidades de poboación48 parroquias[4]
Capital do concelloLalín
Política (2019[5])
AlcaldeXosé Crespo (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 11
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG: 5
Eleccións municipais en Lalín
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes68,33%
Na rede
http://www.lalin.gal
editar datos en Wikidata ]

O concello atópase no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita cos concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur. Todos eles pertencen á comarca do Deza agás O Irixo, concello da provincia de Ourense.

XeografíaEditar

DemografíaEditar

Censo Total 20.103 (2018)
Menores de 15 anos 2.467 (12.27 %)
Entre 15 e 64 anos 12.564 (62.5 %)
Maiores de 65 anos 5.072 (25.23 %)
Evolución da poboación de Lalín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
16.238 17.529 19.001 17.666 20.698 21.216 21.127 20.409 20.048 20.158 20.005 20.044 20.075 20.103 20.218 20.207 {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

HistoriaEditar

 
Antiga Casa do concello

En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no século XIX. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao Conde de Lemos. Derrubado en 1846, só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". A finais do XVIII, o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.

En Lalín editáronse os periódicos La Defensa (1905-1909), La Lucha (1916-1918), Verdad y Justicia (1922-1924) e Razón (1933-1934).

A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en 1930 con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días nunha vila de referencia da Galicia Central.

CulturaEditar

ToponimiaEditar

O nome de Lalín vén de "Lalino", un colono do Conde de Deza que tivo ao seu cargo as terras nas que, anos máis tarde (980), se erixiu o mosteiro de San Martiño de Lalín de Arriba.

PatrimonioEditar

Patrimonio arqueolóxicoEditar

Patrimonio naturalEditar

O concello salienta pola súa paisaxe de pastos e fragas. Cómpre destacar a fraga de Catasós, carballeira declarada monumento natural en 2000 na parroquia de Catasós.

Actividade culturalEditar

O concello conta cunha escola de teatro infantil e xuvenil, Esmutelín.

EconomíaEditar

Nas cifras de 1996, predominaba o sector primario cun 38% da poboación ocupada. A construción daba emprego a un 13% da poboación ocupada. O sector secundario posuía o seu peso supoñendo un 18%. O sector servizos tiña importancia co 31% dos activos.

Os datos do ano 2001 amosan unha redución importante do sector primario, pasando dun 38% a un 27%. Porén, a construción aumenta un punto ata chegar ao 14%, igual que o sector industrial cun 19%. O crecemento máis salientábel encabézao o sector servizos cun 40%, presentando unha serie de servizos tanto públicos como privados (comercio, sanidade, educación, xustiza etc.).[9]

Concentración industrialEditar

Pode dicirse que, igual que A Estrada é a "capital do moble", Lalín é unha das "capitais da moda" de Galicia. Nos límites do seu territorio pódense atopar factorías das seguintes marcas do sector téxtil:

Festas e celebraciónsEditar

  • Gastronomía
  • Romarías
    • Na parroquia de Losón celébrase a romaría do Corpiño cara o 23-24 de xuño.
  • Cinema
    • ANIRMAU, festival de cine de animación.

IrmandadaEditar

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Lalín.

Conxunto escultórico creado por Sergio Portela Campos, en 2002, na carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano:

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Lugares de LalínEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lalín vexa: Lugares de Lalín.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Lalín".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 03 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Lalín". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. "Información estatística de Lalín no IGE". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2008. 
  9. Rodríguez González, Román. Os concellos galegos para o século XXI (VOL. II). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8460802310. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar