Vilatuxe, Lalín

parroquia civil do concello de Lalín

San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 628 habitantes (330 mulleres e 298 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.

Vilatuxe
Igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°36′20″N 8°11′25″O / 42.60549651, -8.19021441
Área18 km²
Poboación601 hab. (2011)
Densidade33,39 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Servizos

editar

Conta cun colexio, o CEIP Vicente Arias de la Maza e un auditorio, no cal teñen lugar os ensaios da Banda de música de Vilatuxe.

Historia

editar

Vilatuxe estaba na ruta do camiño dos arrieiros que se dirixían a Santiago procedentes do Ribeiro, por iso a súa economía estaba baseada nos mercados, nas pousadas e na fabricación queixos e manteigas.

Houbo unha importante feira, a feira dos Carballiños, que desapareceu nos anos corenta. En 2010 retomouse esta feira celebrándose anualmente o segundo domingo de maio, recuperáronse antigas tradicións e hai mercado de artesáns e feira ao xeito tradicional.

Patrimonio

editar

O castro de Vilatuxe está conformado por un único recinto de forma ovalada. O seu eixo maior ten unha disposición NL-SO e mide 125 m, no seu perímetro interior e 160 m no exterior. No seu eixo menor mide 100 m no interior e 130 no exterior. O sistema defensivo está conformado por un parapeto duns 3 m ou 4 m de ancho que bordea todo o perímetro e que ten unha caída bastante pronunciada cara ao interior do recinto duns 3 m. O parapeto parece feito de terra; con todo, nalgún punto que puido ser inspeccionado pola ausencia de vexetación, parece presentar pedra tamén, e incluso non se pode descartar a existencia dunha estrutura muraria asociada a el, tendo en conta a disposición dalgunhas desas pedras.[2]

A igrexa, construída a finais do século XIX, ten unha torre barroca. Na arquitectura local destacan un raro exemplar de hórreo de esquina e as casas grandes de Outeiro e Pita, que conservan elementos do seu pasado fidalgo.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Vilatuxe

editar
Lugares da parroquia de Vilatuxe no concello de Lalín (Pontevedra)

Afonsín | A Balagosa | Barciela | Bustelos | Os Carballiños | Castro de Arriba | Gondoriz Grande | Gondoriz Pequeno | Lodeirón | Moa | O Outeiro | Piñoi | A Saborida | San Lourenzo | A Torre | A Varela | Vilatuxe

Parroquias de Lalín

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Iturra, Raúl (1988). Antropología económica de la Galicia rural. Santiago de Compostela: Consellería da Presidencia e Administración Pública. ISBN 84-505-7631-8. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar