Cristimil, Lalín

parroquia civil do concello de Lalín

San Xurxo de Cristimil é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 177 habitantes (91 homes e 86 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes.

Cristimil
Igrexa de San Xurxo de Cristimil.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°39′47″N 8°10′46″O / 42.6629786, -8.1795809
Área3,9 km²
Poboación177 hab. (2011)
Densidade45,38 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

No lugar de Sanxurdo fundouse a Banda de música de Sanxurdo. Ademais, nesta parroquia naceu o agrarista Ramón González Vigide.

Patrimonio

editar

O castro de Cristimil está composto por un recinto de planta oval. Ten as seguintes dimensións: no eixo NO-SL mide 60 m (interior) e uns 95 m (exterior). O eixo N-S mide 75 m (interior) e 90 m (exterior); se se inclúe o foxo neste eixo, chega aos 115 m. O terraplén rodea todo o recinto pero non se conserva na zona oeste, mentres que na leste se aprecia nalgúns treitos. Ten un caída máxima duns 11 m cara ao norte. Conserva parapeto nas zonas nordés, leste, sur e arranque de sueste, acadando unha altura duns 9–10 m respecto da superficie da coroa. Un foxo rodea os sectores meridional e oriental do recinto, aínda que neste lado está moi modificado polo trazado da estrada PO-6004. Hai unha entrada recente -que corta o parapeto- polo suroeste que dá acceso ás leiras cultivadas no interior da coroa.[2]

Xeografía

editar

En Cristimil únese o río Asneiro ao Deza.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cristimil

editar
Lugares da parroquia de Cristimil no concello de Lalín (Pontevedra)

A Barreira | Cristimil | Gondufe | Mato | A Outraldea | Quintá | Sanxurdo

Parroquias de Lalín

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar