Moimenta, Lalín
San Lourenzo de Moimenta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (76 homes e 78 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 202 habitantes.
Moimenta | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Moimenta. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′48″N 8°04′18″O / 42.7299336, -8.0715681Coordenadas: 42°43′48″N 8°04′18″O / 42.7299336, -8.0715681 |
Área | 7,1 km² |
Poboación | 154 hab. (2011) |
Densidade | 21,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia ten a súa sede a Banda Popular de Moimenta.
PatrimonioEditar
Na parroquia atopouse unha ara votiva da deusa Diana, que se garda no Museo de Pontevedra. Hai algunhas mámoas, restos dun posible castro coñecido polo castreliño, e tres sepulcros antropomorfos en roca, preto da igrexa.
Existiu un torreón medieval, a Torre da Valouta, e houbo unha importante fundición de ferro ata o século XVIII. A igrexa parroquial de San Lourenzo de Moimenta, de fachada barroca, ten dúas imaxes en pedra, labradas a primeiros do século XX por Xosé Vilariño.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de MoimentaEditar
Lugares da parroquia de Moimenta no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Camiño Novo | O Carqueixal | As Lamas | Meixomín | Moimenta | A Torre |
Parroquias de LalínEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Moimenta na web do concello de LalínArquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.