Galegos, Lalín
San Miguel de Galegos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2012 tiña 106 habitantes (58 mulleres e 48 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes.
Galegos | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Galegos. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′50″N 8°08′03″O / 42.7638937, -8.134282 |
Área | 18 km² |
Poboación | 106 hab. (2012) |
Densidade | 5,89 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa de San Miguel de Galegos é de estilo barroco do século XVIII, conserva unha antiga pía bautismal de granito.
O castro de Galegos é un poboado castrexo dun único recinto de forma ovalada irregular. O eixo maior ten orientación N-S e mide uns 50 m ao interior e 75 m ao exterior. O eixo L-O mide no punto máis ancho uns 50 m polo interior e 65 m no exterior. Se se inclúen as defensas exteriores chégase a unhas medidas máximas de 75 m. O recinto aparece defendido en todo o seu perímetro por un terraplén cun desnivel exterior duns 8 m no sueste. O parapeto tamén rodea todo o perímetro con caída ao interior duns 3 m e unha anchura media de 2 m, aínda que nalgún sector alcanza os 4 m. O parapeto parece construído con pedra e terra e non se pode descartar a existencia de muralla, pois nalgúns puntos hai pedras que parecen conformar unha estrutura muraria. De feito, na zona occidental, marcando a liña exterior do parapeto, obsérvase muro de cachotería de xisto en seco, que non se sabe se podería ter relación coa estrutura orixinal ou foi unha construción posterior.[2]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Galegos, Lalín.
-
Igrexa de Galegos.
-
Cruceiro de Galegos.
-
Detalle do cruceiro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Galegos
editarLugares da parroquia de Galegos no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Galegos na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.