Abrir o menú principal

Santa María das Dores de Lalín é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 10.462 habitantes (5.333 mulleres e 5.129 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.702 habitantes.

Lalín
Igrexa parroquial. Lalín.JPG
Igrexa parroquial
ConcelloLalín
Poboación10.462 hab. (2011)
Entidades de poboación9

Índice

HistoriaEditar

A parroquia de Santa María das Dores de Lalín foi creada na reforma parroquial de 1890, coa fusión da antiga parroquia de San Martiño de Lalín e parte da de San Cristovo da Pena (quedando a outra parte como a nova parroquia de Xaxán). Nesta reforma Santa María de Donramiro deixou de ser parroquia e pasou a ser anexo de Lalín.

En principio a igrexa parroquial era unha capela situada no actual emprazamento da estatua a Loriga. A comezos do século XX iniciáronse as obras para a construción dunha nova igrexa parroquial, no centro da vila, que foi inaugurada en 1919.

En 1962 fundouse a Banda de música de Lalín.

PatrimonioEditar

A antiga igrexa parroquial era a igrexa de San Martiño, de estilo románico do século XII, construída no lugar onde desde o 980 existía un mosteiro. Cando comezou a construírse a nova igrexa parroquial, este templo, un pouco afastado da poboación, estivo a piques de se derrubar pero a oposición dos veciños impediuno.

DemografíaEditar

A poboación de Lalín medra a un ritmo considerable dende finais da década dos noventa:

 

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar