Barcia, Lalín

parroquia civil do concello de Lalín

Santo Estevo de Barcia é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 261 habitantes (141 mulleres e 120 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

Barcia
Igrexa de Santo Estevo de Barcia.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°37′46″N 8°15′47″O / 42.629432, -8.2630576Coordenadas: 42°37′46″N 8°15′47″O / 42.629432, -8.2630576
Área5,2 km²
Poboación261 hab. (2011)
Densidade50,19 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Nesta parroquia naceu o bispo de Lugo e arcebispo de Compostela Cayetano Gil Taboada.

Xeografía editar

Na parroquia localízase a carballeira de Barcia, de 5 hectáreas de extensión e con carballos centenarios.

Patrimonio editar

O castro de Barcia está conformado por un recinto de planta oval e defensas no exterior. A coroa mide no eixo N-S uns 75 m no interior e 100 m ao exterior. Se se teñen en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude é de 110 m. O eixo O-L mide 55 m no interior e 85 m no exterior. A coroa está enteiramente rodeada por un parapeto, agás nunha zona do sector oeste e nun punto no leste (quizais aquí se atope afectado polo acondicionamento do terreo para unha vivenda). O parapeto acada unha altura máxima duns 3,5 m.[2]

O pazo dos Xil é unha casa fidalga, fundada no século XVII por Antonio Gil, que chegou a ser das máis ricas na comarca.

A igrexa de Santo Estevo de Barcia é de construción recente, a súa torre e fachada datan de 1878. Ao seu carón érguese un cruceiro cun altar para a procesión do Corpus, con imaxes do Crucificado e a Dolorosa sobre o seu capitel.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Barcia editar

Lugares da parroquia de Barcia no concello de Lalín (Pontevedra)

Afonsín | Amboade | Barcia | Eirexe | Midón | O Outeiro | Ribela | Xar

Parroquias de Lalín editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar