Filgueira, Lalín
Santa María de Filgueira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2011 tiña 410 habitantes (223 mulleres e 187 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.
Filgueira | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Filgueira. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′25″N 8°08′11″O / 42.6901876, -8.1365053Coordenadas: 42°41′25″N 8°08′11″O / 42.6901876, -8.1365053 |
Área | 8,4 km² |
Poboación | 410 hab. (2011) |
Densidade | 48,81 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Filgueira.
HistoriaEditar
Foi unha doazón feita polo diácono Nuño ao Convento de San Paio de Antealtares (en Santiago de Compostela).
PatrimonioEditar
O castro de Pena da Cunca, en Cima de Alle, ten un único recinto de forma oval. Presenta as seguintes dimensións: no eixo N-S mide 90 m (interior) e uns 100 m (exterior). No eixo L-O mide 75 m (interior) e uns 85 m (exterior). Presenta como única defensa un terraplén moi arrasado cunha altura de entre 1 m e 1,5 m. Na zona oeste, polo exterior do recinto, intúese unha depresión pequena pegada ao terraplén, que parecen ser os resto dun foxo cegado e modificado por recheos.[2]
A igrexa, situada no lugar de Filgueira, apenas garda recordos de vellos tempos, xa que está desvirtuada pola funcionalidade dos templos rurais ampliados nas dúas últimas centurias. A fachada posúe unha forte liña de cornixa da que sobresae o campanario de dobre arco coroado con pináculos.
No lugar de Cardexía está o pazo de Cardexía, unha casa grande fidalga que ten un balcón sobre columnas, unha poderosa cheminea e os escudos dos Taboada, Deza, Salgado e Gil. De planta rectangular e fábrica de cantería pequena, na fachada principal hai unha porta e ventás rectangulares e un balcón sobre tres columnas de pedra.
No lugar do Espiño permanecen aínda os restos dunha importante fábrica de curtidos que funcionou ata ben entrado o século XX. O lugar de Espiño conta tamén cunha capela de nova construción dedicada ao culto da virxe de Fátima.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Filgueira, Lalín.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de FilgueiraEditar
Lugares da parroquia de Filgueira no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Agriño | Cardexía | A Cima do Alle | A Ermida | O Espiño | Filgueira | O Fondo do Alle | Outeiro | O Porto do Alle | As Queimadas | Ribas Altas | A Senra | Vilar |
Parroquias de LalínEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Filgueira na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.