Moneixas, Lalín
Santo Adrao de Moneixas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2008 tiña 257 habitantes (138 mulleres e 119 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2000 cando tiña 256 habitantes. Atópase a uns 2 quilómetros da capital do concello.
Moneixas | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°38′21″N 8°07′06″O / 42.6392107, -8.1184692 |
Área | 2,6 km² |
Poboación | 205 hab. (2017) |
Densidade | 78,85 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA parroquia pertenceu ao condado de Coto Redondo do que eran señores os monxes de Aciveiro, que tiñan en Moneixas granxa e paneira, como recorda o topónimo da aldea do Coto.
Patrimonio
editarA súa igrexa parroquial foi reconstruída en tempos recentes pero conserva restos románicos do primitivo edificio (finais do século XII, principios do XIII). No templo hai unha capela dedicada á Virxe do Carme, erixida como santuario nos anos cincuenta.
Hai un cruceiro cun capitel historiado con imaxes e símbolos da Paixón.
Actividade cultural
editarO grupo de gaiteiros Os Dezas estivo activo desde a década de 1920. En 1994 creouse unha nova banda de gaitas que recolleu esa denominación.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Moneixas, Lalín.
-
Fachada da igrexa parroquial.
-
Capela da Virxe do Carme acaroada á igrexa parroquial.
-
Interior da igrexa de Moneixas.
Lugares e parroquias
editarLugares de Moneixas
editarLugares da parroquia de Moneixas no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Campiño | Cancelo | O Coto | O Cruceiro | Enxame | Moneixiñas | O Outeiro | O Pedrouzo | Quintá | Regoufe |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Castillo Fondevila, Mª Esther del (2007). "San Adrián de Moneixas. Evolución de la iglesia y estudio de su singular pintura mural". Cuadernos de Estudios Gallegos LIV (120): 275–304.
- López Barredo, Luís (2012). "Iglesia románica de Moneixas (Lalín, Pontevedra). Restos arqueológicos y textos sobre su historia" (PDF). Lucensia (Biblioteca Seminario Diocesano) XXII (45): 373–378. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 05 de xaneiro de 2017.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Moneixas na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.