Cuadernos de Estudios Gallegos
Cuadernos de Estudios Gallegos é unha publicación científica, de periodicidade irregular, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), con sede en Santiago de Compostela.
Cuadernos de Estudios Gallegos | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1944 |
Primeira edición | 1944 e 2000 |
Editorial | Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e Consello Superior de Investigacións Científicas |
Circulación | |
ISSN | 0210-847X |
OCLC | 2067860 |
Na rede | |
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro número é de 1944. A temática da revista abrangue áreas como a prehistoria, a arte, a crítica literaria, a filoloxía ou a etnografía e refírese principalmente a Galicia. O idioma empregado é fundamentalmente o castelán. Está dirixida por Eduardo Pardo de Guevara, director do propio IEGPS, cargo que ocuparon anteriormente Francisco Javier Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde sucesivamente.
Na páxina web do Instituto pódense descargar os contidos da revista publicados a partir de 1991.
Autores
editarPublicou artigos de, entre outros autores: Fermín Bouza-Brey, Isidro García Tato, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret, Vicente Risco, Francisco Javier Sánchez Cantón e Xesús Taboada Chivite.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Cuadernos de Estudios Gallegos". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- García Martínez, Manuel Carlos (2005). "Cuadernos de Estudios Gallegos". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 131. ISBN 84-8288-137-X.