Carlos García Martínez
Manuel Carlos García Martínez, nado en Santiago de Compostela o 25 de abril de 1945 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 2018[1], foi un historiador e dinamizador cultural galego.[2]
Carlos García Martínez | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1945 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 17 de marzo de 2018 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciado en Dereito en 1968, asumiu a dirección do Museo do Pobo Galego despois da morte de Antón Fraguas, entidade na que xa fora previamente patrono mentor e fundador, asumindo despois labores de secretario e de subdirector. Foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999.
Obras editar
Ensaio editar
- Arte rupestre en Campo Lameiro (1973). Concello de Campo Lameiro.
- Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela (1971). Compostellanum 16, 213-258.
- Tipoloxía da vivenda popular galega (1975-1978). Colexio de Arquitectos de Galicia.
- De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes (1999). Fundación Otero Pedrayo.
- Antonio Rodríguez Fraiz, abade de Campañó, 1912-1995 (2012). Museo do Pobo Galego.
- Carlos García Martínez. Obra completa (2020). Museo do Pobo Galego. 1066 páxs. ISBN 978-84-88508-67-6. Edición: Justo Beramendi González, Manuel Vilar Álvarez, María Xosé Fernández Cerviño, Rosa Mª Méndez García.
- Crónica inacabada dunha terra (2020) (ed. de J. Beramendi). En Obra completa (pp. 935-1066).
Edicións editar
- De varia etnográfica, de Xaquín Lorenzo, (2004). La Voz de Galicia.
Obra en castelán editar
Ensaio editar
- Cista y ajuar funerario de Atios.
Obras colectivas editar
- Galicia eterna (I), 1980, Nauta (Barcelona). Con Francisco Fariña Busto e Ana María Romero Masiá.
Notas editar
- ↑ "Falece Carlos García Martínez, fundador e director do Museo do Pobo Galego". Sermos Galiza. 17 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2018.
- ↑ Vilar Álvarez, Manuel (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Recuperando o traballo de Carlos García Martínez". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 112–115. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "García Martínez, Manuel Carlos". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 145.
- "García Martínez, Manuel Carlos". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. pp. 241–242. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 173–174. ISBN 84-7492-465-0.
- Homenaxe a Carlos García Martínez (2018) Adra, revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, 13.