Paulino Pedret

sacerdote e escritor galego

Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1899[1] e finado na mesma vila o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.

Paulino Pedret
Nacemento28 de agosto de 1899
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento26 de maio de 1969
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónsacerdote e xurista
IrmánsTomás Pedret Casado
Na rede
Dialnet: 1389830
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

 
SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán

Fillo de Emilio Pedret Tost e Sofía Casado Reinosa, foi irmán de Tomás Pedret Casado. Ingresou en 1909 no Instituto de Santiago para facer o Bacharelato, estudando ao mesmo tempo no Seminario. En 1922 foi ordenado presbítero en Tui. Antes de ordenarse sacerdote rematou os estudos de Dereito, obtendo a licenciatura en 1921, e o doutoramento en 1923. Tamén conseguiu a licenciatura en Ciencias Históricas en 1929.

En 1923 consegue unha praza de Capelán castrense. En 1928 regresou a Compostela e foi nomeado profesor axudante da Facultade de Dereito

Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.

Obras Editar

  • La Evolución de la enseñanza del derecho canónico en España, 1946.
  • José Andrés Cornide y la Galicia del s XVIII, 1948.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar