Isidro García Tato

teólogo e historiador galego

Isidro García Tato, nado en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) o 21 de decembro de 1947, é un teólogo e historiador galego. É investigador no Consello Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento desde xuño de 1984.

Isidro García Tato
Isidro García Tato.jpg
Nacemento21 de decembro de 1947
Lugar de nacementoViladequinta
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia de Salamanca
Ocupaciónteólogo e historiador
Na rede
Bitraga: 3182
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1973 licenciouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Entre 1973 e 1976 foi bolseiro nas Universidades de Múnic e Ratisbona (Alemaña), onde foi alumno de Joseph Ratzinger. Entre 1976 e 1981 foi axudante de Cátedra na Facultade de Teoloxía da Ludwig-Maximilians-Universität de Múnic, pola que se doutorou en Teoloxía en 1981.

Entre 1982 e 1986 bolseiro posdoutoral no Instituto Francisco Suárez e no Departamento de Historia Medieval do Centro de Estudos Históricos do CSIC. En 1986 doutorouse en Filosofía pola Universidade Complutense, e nese ano foi contratado no Departamento de Historia Medieval do CSIC.

É membro do consello científico da revista Estudios Mindonienses, do consello de redacción do Instituto de Estudos Valdeorreses (do que é membro de mérito desde 1990), secretario e membro do consello de redacción de Cuadernos de Estudios Gallegos, e secretario de publicacións do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

ObraEditar

  • Die Trinitätslehre Karl Barths als dogmatisches Strukturprinzip (Bad Honnef, 1983)
  • Anselmo de Canterbury y el ‘racionalismo deductivo’ medieval (Madrid, 1986)
  • Tomás de Aquino y el latín medieval (Madrid, 1986)
  • La Reforma Hirsauense (Madrid, 1986)
  • La documentación medieval del Tumbo del monasterio de San Martín de Castañeda relativa a Valdeorras (O Barco de Valdeorras, 1986)
  • Telesforo Ojea y Somoza. Vida e ideología de un republicano federal (1858-1890) (O Barco, 1990)
  • Valdeorras de cara al año 2000. Pasado, presente y futuro de una Comarca (O Barco de Valdeorras, 1996). 2 Vols., 1400 pp. Premio de investigación histórica Pedro Tertuliano Hervella 1993
  • Vilanova, Outarelo y San Francisco Blanco. Monografía histórica de una parroquia gallega (O Barco)
  • Vicente Fidalgo Tato, médico y valdeorrés ilustre (1859-1937) (O Barco de Valdeorras, 2000)
  • Actividad del Santo Oficio de la Inquisición en tierras de Viana, O Bolo, Trives y Valdeorras (O Barco, 2001). Premio Pedro Tertuliano Hervella
  • Bolo y Viana do Bolo, dos jurisdicciones de realengo (Santiago, 2001)
  • La Casa de Outarelo de Valdeorras. Formación y desarrollo de su patrimonio (Santiago, 2001)
  • Biografía anónima del Padre Sarmiento (Xunta de Galicia, Instituto de Estudos Galegos ‘Padre Sarmiento’; Santiago, 2003)
  • Doce grandes filósofos (Santiago de Compostela, 2003)
  • Ludwig Feuerbach (A Coruña, 2003)
  • Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén, Estudio y edición documental. Tomo I: Época medieval (CSIC, Xunta de Galicia. IEG Padre Sarmiento; Santiago, 2004)
  • La fundación do Hospital de Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia (1560) (Cadernos de Ribadavia; setembro 2004; Ribadavia, 2004).
  • El Destacamento Penal de las minas de wolfram de Valborrás de Casaio (Carballeda de Valdeorras) (2016)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar