Universidade Pontificia de Salamanca
A Universidade Pontificia de Salamanca, tamén coñecida polo acrónimo UPSA (ou UPSAM no caso do campus de Madrid), é unha universidade católica española, de carácter privado, fundada en 1940 e situada en Salamanca, con campus en Salamanca e Madrid. A ela pertence o Colexio Maior Universitario Pío XII, adscrito á Universidade Complutense de Madrid.
Universidade Pontificia de Salamanca | |
---|---|
Acrónimo | UPSA |
Tipo | universidade privada, universidade pontificia e editor de acceso aberto |
Data de fundación | 25 de setembro de 1940 e 1940 |
Organización subsidiaria | Instituto Bíblico e Arqueológico Espanhol / Casa de Santiago |
Sede | La Clerecía |
En | Salamanca |
País | España |
40°57′47″N 5°40′01″O / 40.963, -5.667 | |
Na rede | |
https://www.upsa.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta con 6.520 alumnos.[1]
Historia
editarOs gobernos liberais do século XIX fixeron que os estudos de Teoloxía e Dereito Canónico fosen excluídos da Universidade de Salamanca. O papa Pío XII crea, en 1940, unha nova universidade para restaurar esas dúas facultades, na mesma cidade, e confírelle a categoría de Universidade Pontificia. Así nace a Universidade Pontificia de Salamanca. Aos poucos, iríanse engadindo novas carreiras que encherían o edificio da Clerecía, até entón case desocupado, até o punto de que quedou pequeno, sobre todo debido á grande aceptación de carreiras como comunicación. Hoxe en día a universidade ten varios edificios, tanto en Salamanca como en Madrid, incluíndo a Facultade de Teoloxía que se atopa no Convento de San Esteban da Orde dos Predicadores (Dominicos), ademais de centros adscritos como o Instituto Superior de Filosofía de Valladolid. A súa sede atópase no antigo Real Colexio do Espírito Santo das Xesuítas, máis coñecido como A Clerecía.
Notas
editar- ↑ "Fundación Universidad.es". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2015.