Carballeda de Valdeorras
Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedego[8] ou valdeorrés[8].
Carballeda de Valdeorras | |
---|---|
![]() | |
Situación | |
Xentilicio[1] | carballedego/carballedega valdeorrés/valdeorresa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Valdeorras |
Poboación | 1.409 hab. (2022)[2][3] |
Área | 222,7 km²[3] |
Densidade | 6,33 hab./km² |
Entidades de poboación | 17 parroquias[4] |
Capital do concello | Sobradelo |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | María Carmen González Quintela (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 2 Outros: ESCO 1 |
Eleccións municipais en Carballeda de Valdeorras | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 42,93% |
Na rede | |
http://www.carballedadevaldeorras.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía editar
Censo total | 1.698 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 112 (6,6 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1057 (62,25 %) |
Maiores de 65 anos | 529 (31,15 %) |
Persoas estranxeiras | 311 (18,31 %) |

Evolución da poboación de Carballeda de Valdeorras Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
4018 | 3806 | 4024 | 3344 | 2080 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Localización editar
Carballeda de Valdeorras sitúase no extremo oriental de Galiza. Limita ao norte con Rubiá, ao sur coa Veiga, ao leste con Encinedo e Benuza (provincia de León) e ao oeste co Barco de Valdeorras.
Polo extremo norte pasa o río Sil, aínda que ten máis relevancia o Casoio, que transcorre todo el polo municipio. Estes e outros ríos transcorren nos vales da Serra do Eixe, que ten as súas maiores alturas no sul: Macizo de Pena Trevinca (Trevinca Sur 2127 m; 2119 m en Pena Negra, Pena Survía 2095 m., a Serra do Eixe (1500 m) e os Vales do Casaio (1773 m).
Os montes son de lousas e xistos, e a extracción en canteiras é a principal actividade económica do concello.
Polo municipio transcorren o trazado da antiga N-120, que une Galiza coa meseta, e o camiño de ferro de Palencia á Coruña.
Historia editar
Os romanos procuraron ouro no Sil; a destacar a explotación de tipo ruina montium na freguesía da Médua. Durante a Idade Media estas terras pasaron de man en man: dos descendentes do Conde Froila Díaz pasaron á Casa dos Castro, aos Condes de Lemos e finalmente ao Condado de Ribadavia, no século XV; mais algúns lugares como Lardeira e Casaio estaban baixo a xurisdición da Cabreira, pertencente ao marqués de Vilafranca do Bierzo, como acontecería tamén con lugares valdeorreses do actual concello de Rubiá. Porén ata fins do Antigo Réxime e desde a Alta Idade Media o mosteiro de San Martiño de Castañeda, sito na próxima comarca de Sanabria mantivo a granxa de Santa Cruz, na parroquia de Casoio, obxecto de poxa durante a desamortización.
Durante a Guerra de Independencia Española o abade de Casoio, José Ramón Quiroga Uría, dirixiu as alarmas do Valdeorras contra as tropas francesas. Durante a Guerra civil española e na posguerra, constituíronse grupos guerrilleiros antifranquistas, que utilizaron a serra do Eixe como refuxio, sendo quizais o máis coñecido dos seus mandos Manuel Bazán Girón. Ao tempo, os nazis, no comezo da década de 1940, explotaron as minas de volframio de Valborraz, nos montes de Casaio, que explotaron con presos de guerra republicanos.
Nos anos 1950, o descubrimento de importantes filóns de lousa -louxa en variante local- no cunca dos ríos Casoio e Candís, sería o inicio, nos comezos lento, dunha importante industria de extracción e elaborado como material de cubrición, principalmente. Dun certo minifundismo industrial, foise chegando a unha maior concentración e a expansión exterior, dalgunhas das empresas, das que talvez o símbolo sexa CUPA -ata hai pouco coñecida como CUPIRE-, recoñecida actualmente como a primeira empresa mundial do sector da pedra. Porén, a pesar de que o concello ostenta a proporción máis alta de Galiza de poboación activa empregada no sector secundario -e tamén de emprego feminino-, o concello perdeu poboación, unha parte importante da cal se trasladou ao veciño O Barco de Valdeorras, polas súas características marcadamente xa urbanas con ampla oferta de servizos.
Monumentos e turismo editar
Do megalitismo destaca o Lombo das Arcas. A vía militar romana XVIII ou Vía Nova atravesou Valdeorras. Próxima dela fican os piares da Pontóriga sobre o Sil, por onde atravesaba unha vía romana secundaria. A ponte que atravesa o río Casaio, que unia camiños secundarios da Vía XVIII, ten un só arco e está construída con lousas. Nese arco houbo unha vivenda, arrasada a fins do século XX por unha crecida.
A ponte de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, sobre do Sil, con sete arcadas, cuxo arco central foi cortado polo abade de Casoio durante a Guerra de Independencia Española, foi comezada a finais do século XVI.
Un dos atractivos de Carballeda é o Macizo de Pena Trevinca, poboado de árbores autóctonas e co único bosque de teixos de toda Galiza, o teixedal de Casaio.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Carballeda de Valdeorras.
-
Placa altimétrica do concello.
-
Ponte Nova de Sobradelo
-
Edificio novo da estación de Sobradelo
Parroquias editar
Lugares de Carballeda de Valdeorras editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Valdeorras vexa: Lugares de Carballeda de Valdeorras.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Carballeda de Valdeorras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Carballeda de Valdeorras". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ 8,0 8,1 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carballeda de Valdeorras |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |