Rubiá
Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1494 habitantes (1716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rubiao».
Rubiá | |
---|---|
![]() Igrexa de Santo Estevo de Pardollán. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | rubiao |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Valdeorras |
Poboación | 1.376 hab. (2022)[2][3] |
Área | 100,7 km²[3] |
Densidade | 13,66 hab./km² |
Entidades de poboación | 10 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Elías Rodríguez Núñez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 4 |
Eleccións municipais en Rubiá | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 67,30% |
Na rede | |
https://rubia.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía editar
Censo total | 1494 (2014) |
Menores de 15 anos | 100 (6,69 %) |
Entre 15 e 64 anos | 812 (54,35 %) |
Maiores de 65 anos | 582 (38,96 %) |

Evolución da poboación de Rubiá Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
3738 | 4164 | 4220 | 3049 | 1685 | 1585 | 1561 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía editar
O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.
É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1268 m), O Piornal (1528 m) e Portelo da Tara (1099 m).
Historia editar
A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza.[8] Durante a romanización construíronse varias vías.[8]
Na idade media albergou varios mosteiros.[8] Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario, o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.[8]
Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.[8]
Sendeirismo editar
Rubiá conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 144 "Ruta Natural dos Castros a Nivieira". É unha ruta sendeirista circular de 6 km con principio e fin en Rubiá.
No concello localízase a árbore senlleira aciñeira de Covas.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rubiá.
-
Muíño en Oulego.
-
Orchis mascula na serra de Enciña de Lastra.
-
Orchis italica na serra de Enciña de Lastra.
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica do concello.
Parroquias editar
Lugares de Rubiá editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rubiá vexa: Lugares de Rubiá.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Rubiá".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "Sitio web do concello. Que ver". Arquivado dende o orixinal o 27-07-2011. Consultado o 10-07-2019.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rubiá |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Decreto do venres, 18 de outubro de 1985 polo que se aproba o escudo heráldico do concello de Rubiá
- Sendeirismo: PR-G 144 Ruta Natural dos Castros a Nivieira (Concello de Rubiá) - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |