Verónica

santa do cristianismo
(Redirección desde «A Verónica»)

A Verónica, segundo a tradición cristiá, foi a muller que, durante o Viacrucis, tendeu a Cristo un veo, lenzo ou pano (o pano da Verónica, lenzo da Verónica ou veo da Verónica) para que enxugara a suor e o sangue. Na tea quedaron milagrosamente impresas as faccións do Redentor (o Santo Rostro ou a Santa Face).

Modelo:BiografíaVerónica

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor en Wikidata
Cesarea de Filipe Editar o valor en Wikidata
Morteséculo I Editar o valor en Wikidata
Soulac-sur-Mer, Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa4 de febreiro Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoVeo de Verónica Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Veronica, St. Editar o valor en Wikidata

Adóitase renderlle culto pola súa vinculación coa figura de Cristo, e é moi común a súa representación pictórica ou escultórica portando o pano. En ocasións, o personaxe da Verónica identifícase co da Hemorroísa.

O pano da Verónica sería unha das reliquias que se consideran vera icon; ou sexa, verdadeiras imaxes de Cristo, como o Mandylion de Edesa, a Saba Santa de Turín ou o Santo Sudario de Oviedo.

En catro lugares distintos consérvanse reliquias coñecidas como o pano da Verónica:

A Verónica, no fuste do cruceiro da Santa Cuz de Xende (A Lama)

O paradoxo da multiplicidade de panos resolvíase co recurso á posibilidade de que a Verónica dobrara o pano dúas veces antes de que o sangue de Xesús se secara, co que serían catro as imaxes obtidas. Porén a palabra grega tetradiplon ("dobrado catro veces") resérvase para a denominación do Mandylion de Edesa. Sinalouse a coincidencia de que nas lendas máis antigas, a Verónica apareza citada como unha princesa de Edesa.[1]

A etimoloxía do nome Verónica foi interpretada popularmente como proveniente do latín vera icon, 'imaxe verdadeira', pero é máis probábel que proceda do grego Βερενίκη (Berenice), forma dialectal macedonia de Φερενίκη (Ferenice), "portadora da vitoria".[2]

  1. Santo Sudario Arquivado 02 de decembro de 2009 en Wayback Machine. en Enciclopedia Católica.
  2. Heikki Solin, Martti Leiwo, Hilla Halla-aho, Latin vulgaire / Latin tardif Arquivado 06 de outubro de 2008 en Wayback Machine., en Actes du VIe colloque international sur le latin vulgaire et tardif, Helsinki, 2000. Hildesheim: Olms-Weidmann, 2003. Pp. xvi, 594. ISBN 3-487-11849-1.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar