Catedral de Xaén
A Igrexa Catedral da Asunción da Virxe é a catedral renacentista de Xaén, sede do bispado de Xaén, na comunidade autónoma de Andalucía, España. Atópase na praza de Santa María, fronte ó Palacio Municipal e ó Palacio Episcopal. A catedral actual foi concibida no século XVI para substituír o anterior templo gótico do século XV. A construción prolongouse durante varios séculos, e malia isto, a idea orixinal ficou intacta. Destacan a sala capitular e a sancristía, que son a obra cumio de Andrés de Vandelvira, e unha da obras máis importantes do renacemento español. Tamén é sobresaínte a súa fachada principal, unha das principais obras do barroco español, construída trala consagración do templo en 1660. Destaca tamén o coro neoclásico.
Catedral de Xaén | |
---|---|
![]() Fachada da catedral. | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Tipo | Catedral |
Advocación | Asunción da Virxe |
Localización | Xaén |
Coordenadas | 37°45′54″N 3°47′24″O / 37.76502478252, -3.7898995769129Coordenadas: 37°45′54″N 3°47′24″O / 37.76502478252, -3.7898995769129 |
Catalogación | Monumento Nacional (1931) |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | diocese católica latina de Xaén |
Arquitectura | |
Construción | 1249-1724 |
Estilo | Renacemento |
Páxina web | catedraldejaen.org |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Catedral de Xaén aspira na actualidade a converterse en Patrimonio da Humanidade,[1] xa que serviu de modelo para a construción doutras catedrais de España e América.
NotasEditar
- ↑ noticiascadadia.com (ed.). "O expediente da catedral de Xaén estará listo nun ano". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 14 de abril de 2009.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Xaén |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en catalán)