Basílica do Sacré Cœur
A Basílica do Sacré-Cœur (en galego, do Sagrado Corazón) é un edificio de París (Francia), situado no alto do outeiro de Montmartre.
Basílica do Sacré Cœur | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | igrexa, basílica menor, atracción turística, igrexa votiva e templo expiatório (pt) ![]() ![]() | |||
Epónimo | Sagrado Corazón de Xesús ![]() | |||
Estilo | arquitectura neobizantina e neorrománico ![]() | |||
Material usado | travertino ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Arquidiocese de París ![]() | |||
Arquitecto/a | Paul Abadie ![]() | |||
Dedicado a | Sagrado Corazón de Xesús ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1875 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
1875 | comezo da construción | |||
13 de agosto de 1919 | Decretum "De titulo Basilicae Minoris" | |||
1 de xuño de 1980 | visita papal (pt) ![]() ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 83 m ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Francia | |||
Institución pública | Metrópole do Gran París | |||
Colectividade territorial francesa cun status especial | París | |||
Distrito municipal | 18º distrito de París | |||
Barrio administrativo | Clignancourt (en) ![]() ![]() | |||
Rúa | rue du Chevalier-de-La-Barre ![]() | |||
Código postal | 75018 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 13 de decembro de 2022 | |||
Identificador | PA75180004 | |||
| ||||
Monumento histórico inscrito ![]() | ||||
Data | 8 de decembro de 2020 | |||
Data de remate | 13 de decembro de 2022 | |||
Identificador | PA75180004 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | sacre-coeur-montmartre.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
Trátase dunha basílica adicada ao Sagrado Corazón de Xesús (en francés, Sacré Cœur de Jésus). Inicialmente foi concibida como un monumento público para render homenaxe á memoria dos numerosos cidadáns franceses que perderan a vida durante a Guerra franco-prusiana e para expiar os pecados cometidos pola comuna. Foi o arquitecto Paul Abadie quen gañou o concurso para a súa construción.
A primeira pedra colocouse en 1875, e aínda que se completou en 1914, non se consagrou ata o fin da primeira guerra mundial, en 1919. A igrexa foi construída coa participación directa do goberno da Terceira República, para celebrar así o comezo dun novo réxime, cuxas leis constitucionais foron votadas ese mesmo ano.
Aínda que moi controvertido, é un dos monumentos máis visitados de París. A basílica ten forma de cruz grega, adornada con catro cúpulas: o domo central, de 80 m de altura, está tocado por unha lanterna, formada por unha columnata. Na ábsida, unha inmensa torre cadrada fai ás veces de campanario que garda, entre outras, La Savoyarde, unha campá de 3 m de diámetro e máis de 26 t de peso, ofrecida pola diocese de Chambéry. A cripta posúe a mesma disposición cá igrexa, e é unha das curiosidades da basílica.
A arquitectura da basílica inspírase na arquitectura romana e bizantina e influíu noutros edificios relixiosos do século XX, por exemplo a basílica de Sainte-Thérèse de Lisieux. É posible acceder á basílica tomando o funicular de Montmartre.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Basílica do Sacré Cœur |
- A Basilique du Sacré Cœur de Montmartre — Sitio oficial (en francés e inglés)