Terceira República Francesa

A Terceira República Francesa (en francés: La Troisième Republique) foi un estado que estivo vixente en Francia entre 1870 e 1940. Refírese aos gobernos que rexeron Francia desde o fin do Segundo Imperio Francés ata o establecemento da Francia de Vichy. Foi unha democracia parlamentaria, que empezou o 3 de setembro de 1870 ao ser apresado Napoleón III trala batalla de Sedán. O seu maior logro foi sobrevivir a primeira guerra mundial, pero non soubo repeler a invasión Nazi.

République Française
Terceira República Francesa

1870–1940
 

 

Bandeira

Lema: Liberté, égalité, fraternité
Liberdade, Igualdade, Fraternidade
Himno: A Marsellesa
Capital París
Lingua Francés
Goberno República
Historia
 • Establecido 1870
 • Disolución 1940
Moeda Franco francés

A Terceira República xorde debido ao baleiro no poder creado tras ser derrotado Napoleón III, rematando así o Segundo Imperio Francés tras 18 anos de existencia.

HistoriaEditar

InstauraciónEditar

En febreiro de 1875 sentáronse as bases da república, creouse un parlamento bicameral, así como os cargos de Presidente da República e o de Presidente do Consello.

No 16 de maio de 1877, a opinión popular deixara xa de apoiar a monarquía e agora apoiaba á república. O Presidente, Patrice MacMahom, duque de Magenta, tentou desesperadamente salvar a monarquía cesando do seu cargo ao republicano Jules Simon, ata entón Presidente do Consello, e colocando no seu lugar ao duque de Broglie. Logo disolveu o parlamento e convocou eleccións en outubro de 1877. A operación non tivo éxito e MacMahon foi acusado de intentar un golpe de Estado, sendo obrigado a renunciar o 28 de xaneiro de 1879. Os gobernos que o sucederon foron extremadamente débiles. Os republicanos triunfantes, venderon a maioría das xoias da coroa francesas, co obxectivo de rematar co movemento monárquico, que non se volveu a recuperar.

Diferenzas co réxime parlamentario inglésEditar

 
O xeneral monárquico Patrice de Mac-Mahon como presidente da República Francesa en 1873.

A diferenza do sistema parlamentario británico onde o primeiro ministro é o líder do partido maioritario no Parlamento, o sistema francés da Terceira República tivo certas particularidades ó selo propio presidente aquel que nomeaba ó primeiro ministro. Ademais, en vez de existiren dous ou tres partidos coma resultado da lei electoral no Reino Unido (ex. os partidos conservador e laborista británicos), a lei electoral francesa (máis proporcional) permitiría a existencia de diferentes partidos no Parlamento que aliábanse en coalicións, as cales eran inestables dado que os partidos tiñan liberdade para cambiar de bloque cando lles conviñese , por polo que sucedíanse bruscos cambios de gabinete.

ConsecuenciasEditar

A Terceira República non foi motivo de orgullo para Francia. Os gobernos foron breves e cambiaban radicalmente á súa dirección, xa que todos os políticos do país loitaban polo control. Neste período observouse o raro fenómeno de ministros que permanecían nos seus cargos aínda que o Presidente cambiase.

Antes de rematar a década dos 80, o xeneral Georges Boulanger, puxo á república nunha verdadeira crise, xa que debido á súa popularidade entre o pobo, os monárquicos e bonapartistas, o goberno chegou a temer por se os partidarios obtiñan a maioría na eleccións de xullo de 1889, tomaría o poder e cun golpe de Estado implantaría unha ditadura, algo que este nunca negou. En marzo de 1889, boulanger foi arrestado por traizón, para sorpresa de todos fuxiu e os seus partidarios perderon as eleccións.

Durante a primeira guerra mundial o goberno logrou sobrevivir ao encontrar aliados que o axudasen contra Alemaña. Porén, vinte anos despois, non puido sobrevivir á Batalla de Francia en 1940, ao estar moi dividida interiormente e pouco preparada para as novas tácticas militares alemás.

Ao final da segunda guerra mundial, ao liberarse o territorio francés, poucos pediron a restauración da terceira república. Pola outra banda, en decembro de 1946 elaborouse unha nova constitución e se proclamou a Cuarta República Francesa.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar