Cobra viperina

especie de cobra
(Redirección desde «Natrix maura»)

A cobra viperina[2][3][4][5] (Natrix maura) ou cobra de auga viperina[4] é unha especie de cobra da familia Colubridae.[6] Debe o nome de 'cobra de auga' á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de 'viperina' á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva.

Cobra de auga viperina
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Colubridae
Subfamilia: Natricinae
Xénero: Natrix
Especie: N. maura
Nome binomial
'Natrix maura'
Linnaeus, 1758
Distribución da cobra de auga
Distribución da cobra de auga

Distribución da cobra de auga

Descrición

editar

É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm.[7] Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso.[8] A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, mais tamén pode ser avermellada.[7] Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zig-zag.[7]

Distribución

editar

Encóntrase en España, Portugal, Francia, Suíza, noroeste de Italia e o norte de África en Alxeria, Libia, Marrocos e Tunisia.[1] Foi introducida tamén nas illas Baleares.[1] Está habitualmente asociada a medios acuáticos dentro de prados ou bosques abertos, como ríos e lagoas, na auga ou nas súas proximidades.[1]

Comportamento

editar

Reprodución

editar

A femia pon entre tres e vinte ovos.[1]

Alimentación

editar

Os exemplares adultos aliméntanse de ras, sapos e peixes, mentres que os xuvenís capturan insectos, larvas de anfibios e pequenos moluscos.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jose Antonio Mateo Miras, Marc Cheylan, M. Saïd Nouira, Ulrich Joger, Paulo Sá-Sousa, Valentin Pérez-Mellado, Benedikt Schmidt, Andreas Meyer, Roberto Sindaco, Antonio Romano, Iñigo Martínez-Solano. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Definición de cobra no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Vocabulario forestal, páx. 63, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
  4. 4,0 4,1 Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8
  5. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
  6. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Cobra viperina (TSN 700797)" (en inglés). 
  7. 7,0 7,1 7,2 Hernández Gil, V. (1993). Anfibios y reptiles de la región de Murcia: Guía ecológica para su identificación, conocimiento y conservación (en castelán). EDITUM. p. 221. ISBN 9788476844199. 
  8. Padilla Álvarez, F.; Cuesta López, A. E. (2003). Zoología Aplicada (en castelán). Ediciones Díaz de Santos. p. 488. ISBN 9788479785888. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar