Tunisia
Coordenadas: 34°N 9°L / 34, -9
Tunisia[3] (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.
República de Tunisia | |||
---|---|---|---|
الجمهورية التونسية al-Jumhūrīyah at-Tūnisīyah | |||
| |||
Lema: نظام، حرية، عدالة (Árabe: Liberdade, orde, xustiza) | |||
Himno: Humat Al Hima | |||
Capital • Poboación | Tunes 728 453 (2008) | ||
Cidade máis poboada | Tunes | ||
Linguas oficiais | Árabe1 | ||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||
Kais Saied[1] Hichem Mechichi | |||
Independencia de Francia | 20 de marzo de 1956 | ||
Superficie | Posto 92º | ||
• Total | 163 610 km² | ||
• % auga | 5% | ||
Fronteiras | 1 424 km | ||
Costas | 1 148 km | ||
Poboación | Posto 79º | ||
• Total (2009 est.) | 10 432 500 hab. | ||
• Densidade | 63,76 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 76º | ||
• Total (2009) | 40 168 millóns US$ | ||
• per cápita | 3 851 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 70º | ||
• Total (2009) | 86 086 millóns US$ | ||
• per cápita | 8 254 US$ | ||
Moeda | Dinar (د.ت, TND ) | ||
IDH (2010) | 0,683 (81º) – Alto | ||
Xentilicio | Tunisiano, tunisiana[2] | ||
Fuso horario | CET (UTC+1) | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .tn | ||
Prefixo telefónico | +216 | ||
Prefixo radiofónico | 3VA-3VZ, TSA-TSZ | ||
Código ISO | 788 / TUN / TN | ||
Membro de: ONU, UA, Liga Árabe | |||
Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.
Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sahara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.
HistoriaEditar
Tunisia está poboada desde a prehistoria. Os seus primeiros habitantes coñecidos son os bérberes.
- 814 A.C.: Fundación de Cartago por colonos fenicios, conducidos pola raíña Dido. A nova cidade desenvolvese axiña, converténdose nunha potencia que inqueda a Roma.
- 264 - 146 A.C.: Tres guerras contra Roma, pasadas á posteridade baixo o nome das guerras púnicas, dando lugar, entre outras, á fantástica expedición conducida por Aníbal que atravesa os Alpes cos seus elefantes (218 - 202 A. C). Estas guerras rematan coa derrota de Cartago.
- 146 A.C. - 439: Establecemento da primeira colonia romana, Africa. O país coñece unha grande prosperidade. Desenvólvense a agricultura e a urbanización.
Vándalos e BizantinosEditar
Era árabe-musulmáEditar
- 647-698: Comezo da era árabe-musulmá. Fundación de Kairouan por Oqba Ibn Nafaa (en 670) e toma de Cartago polos árabes no 698.
- 800-909: Expansión do islam e establecemento da dinastía dos Aghlabidos (construción da mesquita de Zitouna de Tunis). Kairouan é entón o centro político e intelectual do Magreb.
- 909-1159: Dinastías fatimida e zirida. Mahdia, fundada en 921, convértese na capital do país.
- 1159-1230: Os Almohades unen os país do Magreb e a Andalucía musulmá.
- 1236: Os Hafsides, vasalos dos Almohades, decláranse independentes e fundan unha nova dinastía en Tunisia que reina ata o 1574.
- 1574: A Tunisia é anexada ao Imperio Otomán.
- 1705: Fundación da dinastía huseinita (botada o 25 de xullo do 1957).
Protectorado francésEditar
1881-1956: Protectorado francés, establecido o 12 de maio de 1881. A resistencia anticolonial dura durante practicamente a totalidade dos 75 anos da dominación francesa.
IndependenciaEditar
O 20 de marzo de 1956 Tunisia obtén a independencia. O 25 de xullo de 1957 proclamouse a república, nomeándose a Habib Bourguiba presidente da Tunisia independente.
O 1 de xuño de 1959 adoptouse a primeira constitución republicana.
O 15 de outubro de 1963 as tropas francesas evacuaron Bizerte, a súa última base no país.
O 7 de novembro de 1987 o primeiro ministro Zina el-Abidina Ben Ali depuxo o presidente Bourguiba, xulgado por incapacidade de continuar as súas funcións.
O 14 de xaneiro de 2011 un levantamento popular depuxo o presidente Ben Ali e mandouno ao exilio a Arabia Saudita.
División administrativaEditar
Tunisia atópase dividida en 24 provincias:
As provincias están divididas en 264 " delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats' ') e sectores (imadats).
PolíticaEditar
Gobernantes dende 1957:
- Habib Bourgiba (1957-1987)
- Zine al-Abidine Ben Alí (1987-2011)
XeografíaEditar
- Artigo principal: Xeografía de Tunisia.
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía de Tunisia.
NotasEditar
- ↑ "Kais Saied: Who is Tunisia's new president?". Al Jazeera (en inglés). 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tunisiano.
González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4. - ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |