República parlamentaria

Unha República parlamentaria ou República constitucional parlamentaria é unha forma de goberno que opera baixo un sistema parlamentario.

     Estados con república parlamentaria

En oposición á República presidencialista e a República semipresidencialista, o xefe do estado, normalmente, non ten poderes executivos reais como un Presidente executivo, xa que a maioría destes poderes fóronlle concedidos ao xefe de goberno, normalmente chamado primeiro ministro. Con todo, o xefe de estado e o xefe de goberno deben formar unha soa oficina nunha república parlamentaria (como Suráfrica ou Botswana), pero o presidente séguese elixindo do mesmo xeito que o primeiro ministro nos estados tipo Sistema de Westminster. En certas ocasións o Presidente ha de ter poder executivo legal, para levar a cabo o día a día das institucións (como en Finlandia ou Irlanda) pero non fan uso destes poderes. Algunhas repúblicas parlamentarias poderían, xa que logo, ser vistas como repúblicas cun sistema semipresidencialista, pero funcionando dunha forma parlamentaria.

Desenvolvemento histórico

editar

As repúblicas parlamentarias prototípicas, son aquelas que proveñen de estados que previamente eran monarquías, cun monarca, ou un representante do mesmo (sobre todo nas repúblicas da Commonwealth. Así o rei ou xefe de estado foi substituído por un de elección democrática, pero mantendo a falta de poder executivo do mesmo. Existen, así mesmo, un gran número de repúblicas parlamentarias que foron países cun só partido legal, localizadas no bloque do leste ou na mesma Unión Soviética.

Lista das actuais Repúblicas parlamentarias

editar
País Anteriormente República parlamentaria adoptada en Xefe de Estado elixido
  Albania Estado cun só partido 1991 polo parlamento, por maioría de tres quintos
  Austria Estado cun só partido 1955 directamente, en segunda rolda
  Bangladesh[1] República Presidencialista (Parte de Paquistán) 1971 polo parlamento
  Botswana Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1967 polo parlamento
  Bulgaria Estado cun só partido 1947 polo parlamento
  Croacia Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1991 directamente, en segunda rolda
  Checoslovaquia Estado cun só partido (Parte de Checoslovaquia) 1993 polo parlamento, por maioría
  Dominica Territorio Británico de Ultramar 1978 polo parlamento, por maioría
  Eslovaquia Estado cun só partido (Parte de Checoslovaquia) 1993 polo parlamento
  Eslovenia Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1991 directamente, en segunda rolda
  Estonia Estado cun só partido (Parte da Unión Soviética) 1992 polo parlamento, por maioría de dous terzos
  Etiopía Estado cun só partido 1991 polo parlamento, por maioría de dous terzos
  Finlandia Monarquía Constitucional (Parte do Imperio Ruso) 1919 directamente, en segunda rolda
  Alemaña Estado cun só partido 1949 pola Asemblea federal (Parlamento e delegados estatais), por maioría de dous terzos
  Grecia Directorio militar 1974 polo parlamento, por maioría
  Hungría Estado cun só partido 1990 polo parlamento, por maioría absoluta
  Islandia Monarquía Constitucional (Parte de Dinamarca) 1944 directamente
  India Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1950 polo parlamento e os lexisladores estatais
  Iraq Estado cun só partido 2005 polo parlamento, por maioría de dous terzos
  Irlanda Monarquía constitucional (Reino da Commonwealth) 1949 directamente
  Israel Protectorado (Parte do Mandato británico de Palestina) 1949 polo parlamento, por maioría de dous terzos
  Italia Monarquía constitucional 1948 polo parlamento, por maioría
  Letonia Estado cun só partido (Parte da Unión Soviética) 1991 polo parlamento
  Lituania Estado cun só partido (Parte da Unión Soviética) 1990 directamente, en segunda rolda
  Macedonia do Norte Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1991 directamente, en segunda rolda
  Mauricio Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1992 polo parlamento, por maioría
  Polonia Estado cun só partido 1990 directamente, en segunda rolda
  Portugal Directorio militar 1976 directamente, en segunda rolda
  Serbia Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1992 directamente, en segunda rolda
  Singapur Monarquía Constitucional (Parte de Malaisia) 1965 directamente, por segunda rolda
  Suíza Directorio militar (Ocupado por Francia) 1802 Polo parlamento[2]
  Timor Oriental Directorio militar (Ocupado por Indonesia) 1999 directamente, en segunda rolda
  Turquía Monarquía absoluta (Parte do Imperio Otomán) 1923 polo parlamento, por maioría de dous terzos
  Vanuatu Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1947 polo parlamento e o consello rexional de presidentes, por maioría
  Suráfrica Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1961 polo parlamento, por maioría
  Malta Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1974 directamente, en segunda rolda
  Trinidad e Tobago Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1976 polo parlamento

Lista de antigas repúblicas parlamentarias

editar
País Ano de comezo da república parlamentaria Ano do cambio de status Cambiado a Status cambiado por
  Segunda República Española 1931 1939 Ditadura franquista Vitoria franquista na guerra civil
  Francia Cuarta República Francesa 1946 1958 República semipresidencialista (Quinta República Francesa) Inestabilidade política
  Fidxi 1987 2006 Directorio militar Golpe de estado
  1. In Bangladesh, a Caretaker government takes over for three months during parliamentary elections. The Caretaker government is headed by a Chief advisor (the last Chief Justice to retire), and a group of neutral, non-partisan advisors chosen from the civil society. During this time, the president has jurisdiction over the Ministry of defense and the Ministry of foreign affairs.
  2. Non hai nin Primeiro Ministro, nin Presidente de Suíza. O Presidente da Confederación Helvética é un mero primus inter pares no Consello Federal Suízo, os sete membros executivos do consello que forman o goberno, forman así mesmo a xefatura do estado helvético.

Véxase tamén

editar