Primus inter pares

Primus inter pares (en grego: Πρῶτος μεταξὺ ἴσων (protos metaxy ison), é unha locución latina que significa literalmente "O primeiro entre iguais".[1][Nota 1] Xeralmente, emprégase como un xeito de título honorífico para alguén que, formalmente, é igual a outros membros do seu grupo, pero a que se lle outroga un respecto oficial, normalmente por mor da antigüidade no cargo.

Encádrase, en principio, no campo da política, facendo referencia orixinalmente á figura do emperador nas primeiras fases do Imperio romano, buscando aplacar aqueles que querían un retorno da República Romana.

Historia e característicasEditar

En España, no pasado, facía referencia ó status dun caudillo ou rei en relación a un estrato inferior de vasalos, nobres polo xeral, que mantiñan fortes cotas de poder, especialmente militar. Este status ou forma de goberno adoitaba darse cando o rei, polo motivo que fose, non era capaz de impoñer un poder absoluto. Encontramos casos de goberno de Primus inter pares na Antiga Grecia ou nas Tribos xermánicas, que deixarían a súa impronta na posterior formación do feudalismo durante a Alta Idade Media europea, en concreto, durante a Monarquía visigoda na península ibérica.

Posteriormente, o termo comezaría a ser usado para indicar que unha persoa é o maior ou o máis importante dentro dun grupo de xente que comparte o mesmo nivel ou responsabilidade. O concepto adoita utilizarse tamén frecuentemente no orixinal latino: “Primus inter pares”. Cando non é utilizado en referencia a un título específico, pode indicar que a persoa así descrita é tecnicamente igual, pero mirada como autoridade ou con importancia especial polos seus pares.

Nalgúns casos pode tamén utilizarse para indicar que mentres a persoa descrita aparece como un igual, en realidade é o líder extraoficial ou reservado dun grupo. Como exemplos de “primeiro entre os seus iguais” pódense mencionar: O Primeiro Ministro de moitas nacións con réxime político Parlamentario na Mancomunidade Británica de Nacións, o Presidente da Comisión Europea, o Chief Justice dos Estados Unidos de América, e a algunhas figuras relixiosas tales como o Decano do Colexio cardenalicio da Igrexa Católica, o Patriarca Ecuménico da Igrexa Ortodoxa, ou o Arcebispo do Canterbury, líder espiritual da Comuñón Anglicana. O termo tamén se utilizou polos Emperadores Romanos (véxase Princeps) como unha forma de disimular o aspecto de ditadura do seu goberno (isto era particularmente importante durante a etapa inicial do Imperio, para calmar os que desexaban o retorno da vella República romana).

Actualmente en Suíza (Confederación Helvética) un dos sete ministros preside como primus inter pares. O cargo rota cada ano.

NotasEditar

  1. Gramaticalmente, a expresión refírese a unha única figura masculina. Unha muller sería prima inter pares e os plurais de ámbalas dúas formas serían primi inter pares e primæ inter pares no caso nominativo e primos inter pares e primas inter pares no acusativo. Con todo, todas estas formas son de moi raro uso na maior parte das linguas.
Referencias
  1. "Primus Inter Pares". Enciclopedia Hutchinson (en inglés). Archived from the original on 29 de novembro de 2005. Consultado o 21 de xullo de 2022. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar