Artigo principal: Reino visigodo de Tolosa.

O reino visigodo (en gótico: Gutþiuda Þiudinassus) foi unha entidade política que xurdiu no ano 419 tras asinar a paz os visigodos cos romanos que foi concluída cun foedus co rei Walia e o seu establecemento dese pobo bárbaro no territorio da Aquitania secunda con capital en Tolosa.

Modelo:Xeografía políticaReino visigodo
Regnum Gothorum (la)
Gutþiuda Þiudinassus (got) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalTolosa (418–507)
Barcelona (507–542)
Toledo (542–711) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua gótica
latín vulgar Editar o valor em Wikidata
Relixiónpaganismo xermánico, Arrianismo visigodo e Cristianismo calcedonio Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie600.000 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación476 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Disolución718 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porAl-Andalus Editar o valor em Wikidata
Evento clave
19 de xullo de 711 (Gregoriano)Batalla de Guadalete Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata

O rei Eurico (466-484) rompeu o foedus tras a desaparición da familia imperial e agrandou o territorio lanzando unha ofensiva sobre Hispania e sobre a Galia con notable éxito. No ano 475 selou a paz co emperador de Oriente Xulio Nepote e Eurico foi recoñecido como rei dun amplo reino entre o Loira e Xibraltar.

Artigo principal: Reino visigodo de Toledo.

No ano 507 perdeu boa parte do seu territorio ultrapirenaico conquistado por Clodoveo, tras anos de presións sobre o episcopado católico para que traizoase ao seu rei que era ariano, os visigodos só conservaron Septimania e unha parte da Provenza fóra da Península Ibérica e a capital acabou trasladándose oficialmente a Toledo no 554, entrementres o reino visigodo atravesou un período caótico ata a chegada de Leovixildo ao poder. No ano 585 os visigodos conquistan o Reino de Gallaecia e pouco despois con Recaredo convértense ao catolicismo arrenegando do arianismo, no 624 os visigodos toman as posesións bizantinas da Bética, finalmente no ano 711 desapareceu como entidade independente coa entrada dos musulmáns na península.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar