Recaredo I foi rei dos visigodos e dos suevos[1], fillo e sucesor de Leovixildo, reinou desde o 586 ao 601, ano da súa morte en Toledo. Irmán de Hermenexildo, foi asociado ao trono polo seu pai, o que levantou as protestas dos nobres visigodos, que viron nesta acción o intento de institucionalizar o herditarismo na monarquía visigoda caracterizada precisamente polo seu carácter electivo.

Recaredo
Nacemento559 e 559
Lugar de nacementoSevilla
Falecemento31 de maio de 601, 21 de decembro de 601 e 601
Lugar de falecementoToledo
NacionalidadeReino Visigodo
Ocupaciónmonarca
PaiLeovixildo
CónxuxeBadon . Baddo Regina
FillosLiuva II, Suintila e Geila
IrmánsSão Hermenegildo
Na rede
WikiTree: Balthes-7
editar datos en Wikidata ]
Conversión de Recaredo I.

Casou por dúas veces: a súa primeira esposa chamábase Bauda (tamén aparece en escritos como Baddo) e a súa segunda esposa foi Clodosvinda, filla de Sixeberto I rei de Austrasia, con quen tivo ao futuro rei visigodo Suintila.

Combateu aos francos, aos bizantinos da Bética e aos vascóns, e houbo de sufocar varias revoltas dos nobres visigodos.

O feito máis destacado do seu reinado produciuse no 589, cando convocou o Terceiro Concilio de Toledo no que, xunto con varios nobres e dignatarios eclesiásticos, anatemizou dos erros do arianismo e converteuse ao catolicismo co seu pobo, tan só se produciu algunha revolta illada que foi facilmente sufocada.


Predecesor:
Leovixildo
 Rei dos visigodos 
586-601
Sucesor:
Liuva II

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  1. Collectio canonum ecclesiae Hispanae. ex probatissimis ac pervetustis codicibus. 1808. p. 159. Regi Gothorum atque Suevorum