Mandato británico de Palestina

O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra.

Modelo:Xeografía políticaMandato británico de Palestina
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 31°47′N 35°13′L / 31.78, 35.22Coordenadas: 31°47′N 35°13′L / 31.78, 35.22
Estado desaparecidoReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
CapitalXerusalén Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.764.520 (1945) Editar o valor em Wikidata (66,27 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua hebrea
árabe Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam, xudaísmo e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie26.626 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 1920 Editar o valor em Wikidata
Disolución14 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porIsrael, Xordania e All-Palestine Government (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoMandato da Sociedade das Nações (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MoedaLibra palestina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.[1] Nun primeiro momento incluíu os actuais territorios de Xordania, Israel e os Territorios Palestinos, aínda que a partir de setembro de 1922 o Reino Unido separou a parte oriental do mesmo, creando o Emirato de Transxordania.

Establecemento do Mandato británico editar

O interese británico debeuse ao crecemento das empresas establecidas nas colonias británicas do sur de Asia a principios do século XIX, así como ao posterior interese en soster a fronte rusa e estimular o esforzo bélico estadounidense mediante ao apoio durante a primeira guerra mundial.

Antes de que finalizase a primeira guerra mundial, a rexión de Palestina formaba parte do Imperio Otomán. Os británicos, baixo o mando do Xeneral Edmund Allenby, derrotaron ao exército turco en 1917 e ocuparon Siria e Palestina. Este territorio foi administrado polos británicos ata que terminou a guerra. A administración militar británica acabou coa inanición coa axuda de Exipto, erradicou o tifo e o cólera e mellorou a subministración de auga a Xerusalén. Ademais, reduciu a corrupción subindo os salarios dos xuíces árabes e xudeus. As comunicacións tamén se melloraron grazas ao tren e as liñas telegráficas.

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda recibira o control de Palestina grazas ao Tratado de Sèvres, o cal establecía a Sociedade de Nacións en 1920. Herbert Samuel, que participara na Declaración Balfour, foi nomeado primeiro Alto Comisionado de Palestina. Durante a primeira guerra mundial, os británicos fixeran dúas promesas sobre os seus territorios en Oriente Medio. En primeiro lugar, prometeron aos árabes da zona, a través do seu axente Lawrence de Arabia, que obterían a independencia para crear un grande Estado árabe unido, que abarcaría todo Oriente Medio. Pero os británicos tamén prometeran que se crearía un "Fogar Nacional Xudeu" en Palestina, tal como fora establecido na Declaración Balfour en 1917.

Os británicos aseguraran previamente aos haxemitas que lles entregarían a gran maioría dos territorios da zona en agradecemento pola súa axuda durante a Rebelión Árabe, acontecida durante a primeira guerra mundial. En 1920, na Conferencia de San Remo (Italia), a Sociedade de Nacións asignou o mandato sobre Palestina ao Reino Unido. Este territorio incluía o que máis tarde sería o Estado de Israel, a Franxa de Gaza, Cisxordania, parte dos Altos do Golán e o Reino de Xordania. A maioría dos 750.000 habitantes desta rexión multiétnica eran árabes de relixión musulmá (incluíndo unha poboación beduína duns 100.000 habitantes, segundo o censo de 1922, e concentrada na área de Bersebá e ao sur e ao leste desta localidade), así como xudeus (que eran o 11% do total e eran na súa maioría inmigrantes askenazíes).[2] Outros grupos minoritarios eran os drusos, sirios, sudaneses, caucásicos, exipcios, gregos e árabes do Hiyaz.

En xuño de 1922, a Sociedade de Nacións estableceu o Mandato de Palestina. Era un documento no que se lembraba ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte as súas responsabilidades e obrigacións respecto da administración de Palestina, incluíndo "asegurar o establecemento dun fogar nacional xudeu", e "salvagardar os dereitos civís e relixiosos de todos os habitantes de Palestina".

O documento que definía as obrigacións británicas era unha copia do texto da Declaración Balfour sobre o establecemento do fogar nacional xudeu:

Moitos artigos do documento especificaban accións para apoiar a inmigración xudía e un status político especial. Con todo, no extenso e árido territorio ao leste do río Xordán, rexión por entón denominada Transxordania, o Reino Unido pretendía 'pospor ou cancelar' a aplicación dos artigos que trataban sobre o 'fogar nacional xudeu', de modo que os árabes da rexión conservasen íntegra unha parte dese territorio. Na Conferencia do Cairo de 1921, o haxemita Abd Allah ibn Husayn, que fora desprazado do goberno do Hiyaz (que foi entregado á familia dos Saud, xunto ao resto de Arabia), foi nomeado emir de Transxordania. En setembro de 1922, o goberno británico presentou un memorando á Sociedade de Nacións no que establecía que Transxordania sería excluída de todos os acordos referentes ao Estado xudeu, e este memorando foi aprobado o 11 de setembro. Partindo desta premisa, o Reino Unido administraría pártea oeste do Jordán como Palestina e a parte leste como Transxordania. Tecnicamente continuaba sendo un só mandato, pero a maioría dos documentos oficiais referíanse a el coma se fosen dous mandatos separados. Transxordania permaneceu baixo mandato británico até 1946.

En 1923, o Reino Unido transferiu unha parte dos Altos do Golán ao Mandato Francés de Siria, a cambio da rexión de Metula.

Oposición dos árabes palestinos á inmigración xudía editar

Na década de 1920, 100 000 inmigrantes xudeus entraron en Palestina, así como 6000 non xudeus. A inmigración xudía estaba controlada pola Histadrut, a cal seleccionaba aos aspirantes en función do seu credo político. A terra comprada pola Axencia Xudía era arrendada baixo a condición de que só puidese ser traballada por xudeus e de que ningún non xudeu puidese arrendala.

Inicialmente, a inmigración xudía cara a Palestina apenas atopou oposición por parte dos árabes palestinos. Con todo, a finais do século XIX e principios do XX, a medida que o antisemitismo ía crecendo en Europa, a inmigración xudía incrementábase de xeito significativo, de modo que a poboación árabe comezou a recear.

O líder musulmán de Palestina incitou aos árabes para que perpetrasen ataques violentos contra a poboación xudía. Nalgúns casos, a adquisición de terras aos terratenentes absentistas por parte da Axencia Xudía conduciu ao despedimento dos árabes palestinos, os cales foron substituídos polos xudeus dos kibbutz. Cando os xudeus, que coñeceran sempre as leis europeas, compraron as terras, non se deron conta de que os habitantes da rexión posuían as árbores. Isto foi sempre unha fonte de malentendidos e conflitos. A oliveira é particularmente importante, xa que pode producir durante máis de 1000 anos.

O goberno británico puxo límites á inmigración xudía. Estas cotas foron moi polémicas, particularmente durante os últimos anos do mandato británico. Nin aos árabes nin aos xudeus gustáballes esta política por diferentes razóns. En resposta aos numerosos atentados árabes contra as comunidades xudías, o 15 de xuño de 1920 creouse o Haganah. A tensión incrementouse até desembocar en ocasións en violentos disturbios, sobre todo en 1921, 1929 e no período 1936-1939. En 1936, algúns grupos xudeus como Irgun e Lehi levaron a cabo as súas propias campañas violentas contra obxectivos árabes e británicos.

A Gran Revolta Árabe editar

En 1937, a Comisión Peel propuxo unha partición do territorio entre zonas árabes e xudías, proposta que foi rexeitada por ambas as partes.

Entre 1936 e 1939, a rexión experimentou unha gran insurxencia por parte dos árabes nacionalistas, que foi coñecida como a "Gran Revolta Árabe". A faísca que acendeu este conflito foi o forte incremento da inmigración xudía, principalmente causada por aqueles que fuxían da persecución nazi en Alemaña e a onda de antisemitismo de Europa do Leste. A revolta foi liderada polo Gran Muftí Amin al-Husayni e a súa familia. Os árabes sentían que estaban a ser marxinados na súa propia rexión, e por iso, ademais de protestas non violentas, levaron a cabo acciones terroristas, asasinando a varios centos de xudeus. Os homes de Husayni mataron máis árabes que xudeus, usando a revolta como unha escusa para enfrontarse aos clans rivais. A organización xudía Irgun contestou coa súa propia campaña de represalia, colocando bombas en mercados e noutros lugares que tamén causaron centos de mortos. Finalmente, a revolta foi esmagada polos británicos, usando medidas draconianas. Como Amin al-Husayni foi atopado culpable do asasinato do comisionado británico para Galilea, fuxiu da rexión, pasando por Líbano, Iraq e finalmente Alemaña en 1941.

O Reino Unido puxo restricións á adquisición xudía das terras que quedaban, contradicindo así a cláusula do Mandato que di "a administración de Palestina debe permitir e promover, en cooperación coa Axencia Xudía, o asentamento dos xudeus na rexión, incluíndo nas terras do Estado e as que non se compraron con fins públicos". Unha restrición similar en 1931 supuxese unha violación do mandato concedido pola Sociedade de Nacións, pero en 1931 esta organización era xa papel mollado. De acordo cos israelís, en 1939 os británicos concederían 34 km² aos árabes e só 16 km² aos xudeus.

A segunda guerra mundial editar

Do mesmo xeito que na maioría do mundo árabe, non houbo unanimidade entre os árabes palestinos respecto da súa posición na segunda guerra mundial. Algúns deles apoiaron ao exército británico, pero a maioría viron nas potencias do Eixo unha maior garantía para que se lles devolvesen o que consideraban as súas terras, que estaban en mans dos británicos e os xudeus. Algúns líderes árabes foron máis aló, especialmente cando o Gran Muftí de Xerusalén, Amin al-Husayni (que por entón fuxira a Iraq), declarou formalmente a xihad o 25 de novembro de 1941 contra os Aliados e optou por apoiar ao goberno alemán. Isto levoulle a establecerse durante un tempo en Iugoslavia, ocupada por entón polos nazis, recrutando musulmáns bosníacos e albano-kosovares para as Waffen SS como voluntarios. Uns 20.000 musulmáns bosníacos serviron na 13ª División de Montaña das Waffen SS "Handzhar" e varios miles na 23ª División de Montaña "Kama". Na posguerra, Husseini foi acusado de ser aliado de Adolf Eichmann e arquitecto de "a solución final" de Otto Wisliceny. Amin al-Husayni foi encarcerado tras a guerra e estivo a piques de ser procesado nos Xuízos de Núremberg por crimes de guerra, pero escapou grazas á axuda dos colaboracionistas franceses.

Aínda que para a ideoloxía nacionalsocialista a "raza" árabe era só levemente superior á xudía, os alemáns solicitaron todo o apoio posible por parte dos árabes para debilitar e destruír a hexemonía británica no mundo árabe.

 
Moeda do Mandato británico de Palestina

Entre os árabes que se opuxeron á persecución dos xudeus destacaron algúns como Habib Bourguiba de Tunisia, e intelectuais exipcios como Tawfiq al-Hakim e Abbas Mahmud al-Arkad. O Mandato recrutou soldados en Palestina. Uns 6.000 árabes palestinos uníronse ás forzas británicas, ademais de 26.000 xudeus; aínda que a poboación de árabes era maior, a cruzada contra o antisemitismo atraeu unha maioría xudía de soldados.

A pesar das severas restricións británicas no referente á inmigración xudía, expresadas no Libro Branco, e en vistas dun mellor trato a futuro, a maioría dos xudeus palestinos colaboraron co Reino Unido na súa loita contra a Alemaña Nazi durante a guerra, e o seu tres milicias principais (a Haganah, o Palmach e o Irgun) uníronse ao esforzo bélico británico para loitar contra as potencias do Eixo en Europa e o Norte de África. Posteriormente os altos mandos das forzas armadas británicas, coa cooperación da Axencia Xudía, aceptaron crear dentro do seu exército unha unidade militar exclusivamente xudía que servise baixo bandeira británica, a Brigada Xudía, que foi despregada en Europa a principios de 1944.

Na segunda guerra mundial, o Reino de Italia, que en 1940 declarara a guerra ao Reino Unido á beira de Alemaña, lanzou varios ataques aéreos contra Palestina. En 1942 houbo un período de nerviosismo debido a que as forzas do xeneral Erwin Rommel, o Afrika Korps, avanzaban cara ao leste polo norte de África cara á Canle de Suez e temíase que puidesen invadir Palestina.

O asasinato de seis millóns de xudeus europeos por parte dos nazis (o Holocausto) tivo unha gran repercusión na situación de Palestina. Durante a guerra, os británicos prohibiron a entrada dos xudeus en Palestina, deixándoos en campos de detención ou deportándoos a lugares como Mauricio. Abraham Stern, líder do grupo armado xudeu Leji, xunto con outros sionistas do mesmo grupo, tentaron sen éxito convencer aos alemáns de que a inmigración a Palestina podería ser unha "solución" para o "problema xudeu". O criminal de guerra nazi Adolf Eichmann visitou Palestina en 1937 e concluíu, posiblemente tras as súas conversacións con Husayni, que permitir a inmigración xudía a Palestina non entraba dentro da política nazi.

En 1939 os activistas sionistas organizaron un intento de inmigración ilegal, coñecido como Aliyá Beth, dirixido por "Hamossad Le'aliyah Bet", que rescatou decenas de miles de xudeus da persecución nazi transportándoos por mar. Moitas destas embarcacións foron interceptadas e outras afundidas, provocando grandes perdas humanas. A última embarcación con inmigrantes que tentou entrar en Palestina durante a guerra foi o barco Struma, que resultou torpedeado no Mar Negro por un submarino soviético en febreiro de 1942, grazas aos pactos de colaboración anglo-soviéticos. O barco foi afundido e nel morreron os seus 800 pasaxeiros. A inmigración ilegal rexurdiu tras a segunda guerra mundial.

Eliyahu Hakim e Eliyahu Bet Zuri, membros do grupo armado xudeu e sionista Leji, asasinaron a Lord Moyne no Cairo o 6 de novembro de 1944 debido a que Moyne era o ministro británico para Oriente Medio e o principal responsable de impedir a inmigración xudía a Palestina. Dise que este asasinato cambiou a postura do primeiro ministro británico Winston Churchill, póndoo en contra da causa sionista. O feito de que os británicos loitasen contra os insurrectos xudeus por unha banda, e contra os alemáns no norte de África doutra banda, non axudou a que mellorasen as relacións entre británicos e xudeus na etapa máis crítica da guerra.

Os británicos consideraron máis importante lograr o apoio árabe, debido aos seus intereses no Reino de Exipto e outros países árabes, e especialmente para garantir as boas relacións con Arabia Saudita, un dos grandes produtores de petróleo. Por conseguinte, continuouse coa política de prohibición da inmigración.

Durante a guerra, os moderados do Haganah axudaron aos británicos a deter a membros do Leji e o Irgun cando estes últimos deron por finalizada a tregua coas autoridades mandatarias e Beguin proclamou a rebelión a principios de 1944. Consideraban que estes combatentes estaban a danar os esforzos bélicos contra os nazis.

Tras a guerra, 250.000 inmigrantes xudeus foron abandonados á súa sorte nos campos de refuxiados europeos. A pesar da presión da opinión pública internacional, e en particular ás repetidas peticións do presidente norteamericano Harry S. Truman e as recomendacións do Comité Anglo-Americano de Peticións, os británicos rexeitaron revogar a prohibición da inmigración e admitiron só a 100.000 refuxiados en Palestina. Entón as forzas xudías que operaban na sombra uníronse e levaron a cabo varios ataques de represalia contra os británicos. En 1946, o Irgun voou o Hotel Rei David de Xerusalén, o cuartel xeral da administración británica, matando a 92 persoas.

Vendo que a situación se lles escapaba das mans, os británicos anunciaron o seu desexo de finalizar o mandato e procederon á súa retirada en maio de 1948.

 
Conmemoración e festexos do Día da Vitoria sobre as potencias do Eixo en Xerusalén, oito de maio de 1945

División de Palestina por parte de Nacións Unidas editar

A ONU, sucesora da Sociedade de Nacións, tentou resolver a disputa entre os árabes palestinos e os xudeus. Creou o UNSCOP (Comité especial das Nacións Unidas para Palestina), composto por representantes de varios estados. Ningunha das grandes potencias estaba representada, para conseguir que o Comité fose máis neutral. O UNSCOP barallou dúas propostas. A primeira suxería a creación de dous Estados independentes na rexión, un árabe e outro xudeu, deixando a Xerusalén baixo administración internacional. A segunda avogaba pola creación dun só Estado federal no que convivisen ambos os pobos. A maioría do UNSCOP decantouse pola primeira proposta, aínda que algúns membros apoiaron a segunda proposta, un deles, (Australia), negouse a elixir unha das dúas opcións. Finalmente presentouse a primeira proposta e a Asemblea Xeral da ONU aprobou por ampla maioría as conclusións da UNSCOP, aínda que se fixeron algúns axustes ás fronteiras entre os dous Estados propostos. A división faríase efectiva o día que os británicos consumasen a súa retirada.

O plan de partición foi rexeitado polo liderado árabe de Palestina e pola maioría da poboación árabe. Con todo, a maioría dos xudeus aceptaron o plan, en particular a Axencia Xudía, que, na práctica, era un Estado xudeu en formación. Moitas gravacións mostran a satisfacción dos xudeus palestinos canto asistían á sesión de Nacións Unidas na que se votaba o plan de división. Até os nosos días, os libros de historia israelís mencionan o 29 de novembro, a data desta sesión, como a data máis importante no proceso de Independencia de Israel.

Con todo, algúns xudeus rexeitaron a proposta. Menachem Begin, líder do Irgun, anunciou: "A partición do fogar xudeu é ilegal. Nunca será recoñecida. A firma das institucións e os diplomáticos do plan de partición é inválida. Non cegará aos xudeus. Xerusalén foi e será nosa capital. A Terra de Israel será restaurada para a xente de Israel. Para todos. E para sempre". As súas palabras foron rexeitadas pola maior parte do nacente Estado de Israel. Doutra banda, os árabes palestinos afirmaron que estas palabras eran propaganda para Occidente, e que reflectían fielmente as intencións reais dos fundadores do Estado de Israel.

Un día antes da retirada británica, para respectar o sabbath, o Goberno Provisional Xudeu declarou a formación do Estado de Israel e garantiu os dereitos civís para todos os habitantes do seu territorio, fosen eles árabes ou xudeus. A declaración dicía:

Chamamos aos árabes que viven no Estado de Israel para que preservan a paz e participen na construción do Estado, sendo recoñecidos como cidadáns de pleno dereito, con opción a ser representados en tódalas institucións provisionais e permanentes.

Deste xeito, todos os habitantes que quedaron dentro do recentemente formado Estado de Israel, xa fosen xudeus ou árabes, recibiron a cidadanía israelí.

Os árabes consideraron que a frase que mellor definía a intención dos fundadores de Israel era a pronunciada por Chaim Weizmann:

A nosa intención é establecer unha sociedade para que Palestina sexa tan xudía como Inglaterra é inglesa ou América é americana.

De acordo coas palabras pronunciadas por Moshé Sharet (pertencente á Axencia Xudía) o 17 de outubro de 1947, "os xudeus tentaron, como moito, adquirir menos do 7% do territorio de Palestina." De acordo coas estatísticas británicas, do territorio que se converteu en Israel (aproximadamente un 78% do Mandato británico), os xudeus posuían só un 9%. Os árabes que se converteron en cidadáns de Israel posuían outro 3%, un 18% era dos árabes que abandonaron a zona, e o goberno posuía máis do 70%.

O 14 de maio de 1948, un día antes da retirada británica de Palestina, proclamouse a creación do Estado xudeu que se chamaría Estado de Israel. O 15 de maio do mesmo ano, cinco exércitos regulares dos países árabes veciños (Transxordania, Exipto, Siria, Líbano e Iraq) invadiron ao recentemente creado Estado de Israel para destruílo iniciándose desta maneira a guerra árabe-israelí de 1948, con todo, logo de varias batallas e dúas treguas, foron derrotados polas forzas israelís.

En 1949 asináronse na illa de Rodas unha serie de armisticios entre Israel e os países árabes (baseados nas vitorias militares do novel Estado xudeu) que foron recoñecidos pola comunidade internacional e a mesma ONU. O armisticio determinaba que un 78% do territorio do vello Mandato británico de Palestina quedaba en mans de Israel, e pasaba a formar parte integral do territorio israelí e as súas fronteiras definitivas, mentres que o 22% do territorio restante (a Franxa de Gaza, Cisxordania e Xerusalén Leste) quedarían en mans do Reino de Exipto e Xordania. Nos anos posteriores as fronteiras iríanse modificando durante as sucesivas guerras árabe-israelís.

Poboación do Mandato británico de Palestina editar

O 23 de outubro de 1922,[3] os británicos elaboraron o primeiro censo da rexión, que se refire a ambos os dous lados do río Xordán. Segundo o informe Hope Simpson de outubro de 1930, a estimación da poboación palestina, baseada neste censo, era de 486.177 musulmáns, 83.790 xudeus, 71.464 cristiáns e 7.617 doutras relixións, cun total de 649.048 habitantes.[4] Tralo segundo censo de 1931, a poboación aumentara até os 1 036 339 habitantes, dos cales 761.922 eran musulmáns, 175.138 xudeus, 89.134 cristiáns e 10.145 doutras relixións. Non houbo máis censos, pero as estatísticas conserváronse rexistrando os nacementos, as defuncións e a inmigración. Algúns datos como a inmigración ilegal só se poden calcular de forma aproximada. En 1945, o estudo demográfico mostraba que a poboación era xa de 1 764 520 habitantes, comprendendo 1 061 270 musulmáns, 553.600 xudeus, 135.550 cristiáns e 14.100 doutras relixións.

Ano Total Musulmáns Xudeus Cristiáns Outros
1922 649.048 486.177 (75%) 83.790 (13%) 71.464 (11%) 7.617 (1%)
1931 1 036 339 761.922 (74%) 175.138 (17%) 89.134 (9%) 10.145 (1%)
1945 1 764 520 1 061 270 (60%) 553.600 (31%) 135.550 (8%) 14.100 (1%)

Altos comisionados británicos de Palestina editar

Nome Mandato
Sir Herbert Samuel 1920–1925
Herbert Onslow Plumer 1925–1928
Sir Harry Charles Luke (en funcións) 1928
Sir John Chancellor 1928–1931
Arthur Grenfell Wauchope 1931–1938
Sir Harold MacMichael 1938–1944
John Vereker, 6º Vizconde de Gort 1944–1945
Sir Alan Cunningham 1945–1948

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar