Bersebá
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2014) |
Bersebá[Cómpre referencia] ou Beerseba (en hebreo: בְּאֵר שֶׁבַע , Be'er Sheva, "Sete Pozos"; en grego: Βηρσαβεε; en latín: Bersabee; árabe: بئر السبع, Bi'r as-Sab' (axuda · info); turco: Birüssebi) é a meirande cidade do deserto de Negev, no sur de Israel. É chamada a miúdo a "Capital de Negev", e é a sétima cidade máis poboada de Israel, cunha poboación de 205 588 habitantes no ano 2012, e a segunda máis grande en canto a área, cun total de 117 500 dunams (despois de Xerusalén).[1]
באר שבע (he) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Israel | |||
Distrito | Distrito Sul (pt) | |||
Subdistrito | Beersheba Subdistrict (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 209.000 (2018) (1.778,72 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 117,5 km² | |||
Altitude | 260 m | |||
Creación | 1900 | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Ruvik Danilovich (en) (2008–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 84*** | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Oni Rosenheim La Plata Lión Niš (pt) Seattle Bouaké (pt) Cebú (cidade) Adís Abeba Montreal Winnipeg Parramatta (pt) Wuppertal (1977–) Cluj-Napoca (1991–) Huai’an (pt) (2016–) Adana (–2024) | |||
Sitio web | beer-sheva.muni.il | |||
Bersebá creceu en importacia no século XIX, cando os turcos otománs construíron unha estación rexional de policía. A Batalla de Beersheba foi parte dunha ofensiva británica máis ampla no marco da primeira guerra mundial que quebrou a liña defensiva turca de Gaza a Beer-Seba. En 1947, Bir Seb'a (en árabe: بيئر شيبع), como era coñecida, foi concibida como parte do estado árabe no Plan de Partición das Nacións Unidas para a Palestina. Despois da declaración de independencia de Israel, o exército exipcio reuniu as súas forzas en Beersheba como unha base estratéxica e loxística. Na Batalla de Beersheba que comezou en outubro de 1948, foi conquistada polas Forzas de Defensa de Israel.[2]
Bersebá creceu considerablemente desde entón. Unha gran parte da poboación está composta por descendentes de xudeus sefardís e xudeus Mizrahi que emigraron de países árabes despois de 1948, así como as comunidades menores de Bene Israel e os xudeus Cochín da India. A segunda e terceira onda de emigración tiveron lugar a partir de 1990, traendo inmigrantes xudeus asquenací da antiga Unión Soviética, así como tamén inmigrantes Beta Israel de Etiopía. A cidade tornouse nun centro nacional de xadrez e lar de moitos campións de xadrez da antiga Unión Soviética, sendo a cidade con máis grandes mestres de xadrez de todo o mundo.[3]
Historia
editarÉ unha das cidades máis antigas do país, existente xa na época bíblica; preto atópase Tell Beerseba, un dos tres tells considerados en 2005 como Patrimonio da Humanidade pola Unesco como parte da denominación «Tells bíblicos - Magedo, Hazor e Bersebá».
Bersebá era o centro da vida patriarcal. Este nome significa "pozo do xuramento", e se orixinou cun pacto entre Abraham e Abimeleque, rei de Xerar. Dous dos pozos nesa rexión son moi antigos, e acredítase que tiveran algunha ligazón cos patriarcas. Posiblemente estes foran os mesmos pozos que eles e os seus servos cavaran. Son de forma circular. O máis largo ten 3,8 metros de diámetro e aproximadamente 20 metros de profundidade.
Nunha das pedras labradas que revisten o pozo, en 1874, Condor encontrou unha data indicando que se fixeran unha repación alí no século 12 d.C. A antiga borda de pedra, profundamente gastada polas cordas usadas para tirar a auga durante séculos, foi substituída por un aparello máis novo, e un mecanismo máis moderno foi instalado para facer subir a auga. Con todo, moitas mandas de camelos, de gando e de ovellas matan a sede alí diariamente en bebedoiros de pedra labrada e cimentada.
Clima
editarBersebá ten clima quente semi-árido (Clasificación climática de Köppen BSh) con influencia mediterránea.
Ó ser un clima mediterráneo e desértico, os veráns son quentes e secos, e os invernos son fríos e chuviosos. No verán, as temperaturas son elevadas durante o día e á noites cunha diferenza de temperaturas media alta de 32,3 °C e unha temperatura media baixa de 19,9 °C. No inverno, a temperatura é fría e o tempo está chuvioso, a neve é moi rara. Os invernos teñen unha temperatura alta media de 17,7 °C e as baixas dunha media de 8 °C. As precipitacións no verán son raras, a maioría das choivas veñen no inverno entre setembro a maio, pero a suma das precipitacións anuais son baixas, con media de 204,1 mm por ano. As tormentas de area e néboa son comúns, especialmente no inverno, como resultado da alta humidade.
Son habituais as chuvias torrenciais.
Lista de alcaldes
editar- David Tuviahu (1950-1961)
- Zeev Zrizi (1961-1963)
- Eliyahu Navi
- Moshe Zilberman
- Itzhak Rager
- David Bunfeld
- Yaacov Terner (1998 - 2008)
- Rubik Danielovich (dende 2008)
Cidades irmandadas
editarBeersheba está irmandada con doce cidades.
|
Notas
editar- ↑ Israel Central Bureau of Statistics, ed. (2012). "Locality File". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2013.
- ↑ Guide to Israel, Zev Vilnay, Hamakor Press, Jerusalem, 1972, pp.309–14
- ↑ "Beersheba Masters Kings, Knights, Pawns", Los Angeles Times, January 30, 2005
- ↑ "Partner Cities of Lyon and Greater Lyon". © 2008 Mairie de Lyon. Arquivado dende o orixinal o 19-07-2009. Consultado o 21-10-2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bersebá |
Bibliografía
editar- Thareani-Sussely, Yifat, "The 'Archaeology of the Days of Manasseh' Reconsidered in the Light of Evidence From The Beersheba Valley," Palestine Exploration Quarterly, 139,2 (2007), 69–77.