Clima mediterráneo

As rexións de clima mediterráneo combinan veráns quentes e secos con invernos fríos e pouco chuviosos. Como o propio nome indica, este tipo de clima é o típico da zona do mar Mediterráneo.

Áreas con clima mediterráneo.

O clima mediterráneo é quente e seco no verán e é moderado e húmido no inverno. As precipitacións ocorren sobre todo durante 2 a 4 meses, no inverno, sendo raras no resto do ano.

Nas rexións situadas a rentes do mar Mediterráneo os veráns son menos secos que os das outras rexións deste clima.

Flora editar

A vexetación, na súa forma orixinal, caracterizábase sobre todo por árbores; debido á intervención humana e problemas ambientais, as árbores foron sendo substituídas por arbustos, especialmente arbustos esclerófitos, aparecendo herbas aromáticas, gramíneas e, por suposto, árbores.

Esta vexetación é predominante, de folla persistente e presenta follas espesas e pequenas, o que axuda a reducir as perdas de auga por transpiración. Algunhas plantas poden tamén ter espiños, o que as protexe de seren comidas polos animais.

As árbores son, normalmente, de pequeno porte. Posúen cascas gordas e duras e grandes ramificacións. Predominan os carballos: carballo, carballo negral, sobreiras, carrascos e aciñeiras. Outra árbore moi común na área mediterránea é a oliveira. Nalgunhas rexións aparecen aínda piñeiros (como o piñeiro manso) e o acivro.

Nas áreas con pouca precipitación, as plantas adaptáronse a condicións secas, sendo as súas follas pequenas e por veces, tan reducidas que semellan agullas, o que lles permite conservar a auga. Outras teñen as follas cubertas por unha película cerosa e noutras as follas reflicten a luz solar.

Algunhas plantas desenvolveron, mesmo, adaptacións que lles permiten resistir os lumes frecuentes que ocorren na estación seca: algunhas reprodúcense moi axiña a partir das raíces, despois de arder a parte aérea; noutras, a brea que reviste as piñas derrete durante o incendio permitindo que abran os froitos e se espallen as sementes; noutras incluso as sementes, que teñen condicións para vivir durante moito tempo, xermolan despois do lume.

Fauna editar

A fauna é moi variada e tamén se encontra adaptada ás condicións ambientais. Por exemplo, os animais son acotío pequenos, necesitando de pouca auga e teñen hábitos nocturnos.

Aparecen coellos, lebres, porcos bravos, ratos, veados, porco teixos, diversos tipos de réptiles, unha gran variedade de aves, sobre todo aves migratorias e insectos.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.