Flickr é un popular servizo de almacenamento e difusión de fotografías en Internet.

Logo.

Funcionalidades

editar

O servizo é utilizado extensamente por blogueiros como depósito de fotos e de vídeos. O sistema de Flickr permite facer procuras de imaxes e vídeos por etiquetas, por data e por licenzas de Creative Commons.

Outras funcionalidades son as canles RSS e Atom, como tamén unha API que permite a desenvolvedores independentes crear os seus propios servizos e aplicacións. O servizo baséase nas características habituais do HTML e o HTTP, permitindo que sexa usable en múltiples plataformas e navegadores. A interface de etiquetaxe e edición de texto utiliza AJAX, que tamén é compatible coa gran maioría dos navegadores. Un compoñente non esencial do lugar web, Organizr, baséase na tecnoloxía de Macromedia Flash, a cal é amplamente dispoñible, pero non plenamente aberta. As fotografías ou imaxes e vídeos poderán tamén enviarse a través do correo electrónico. Flickr é especialmente popular entre os usuarios de Macintosh, os cales a miúdo son excluídos doutros lugares de compartición de fotos porque é necesaria unha arquitectura PC/Windows.

Historia

editar
 
O World Trade Center en construción en 1971. Moitas das imaxes utilizadas en Wikipedia e Wikimedia Commons proceden de usuarios de Flickr que usan licenzas libres.

Flickr foi desenvolvido por Ludicorp, unha compañía de Vancouver fundada no 2002, e lanzado no mes de febreiro de 2004, inicialmente como un xogo multixugador en liña. Algunhas das primeiras versións de Flickr incluían un chat con posibilidades de intercambio de fotos en tempo real, chamado FlickrLive. As súas sucesivas evolucións se enfocaron máis na suba de fotos e a posta en funcionamento de novas utilidades para usuarios individuais, tendo isto como resultado a supresión da sala de chat.

En marzo de 2005, Flickr e Ludicorp foron compradas por Yahoo!, o cal levou a Yahoo! a abandonar o seu antigo sistema Yahoo! Fotos, e centrar os seus recursos no cada vez máis popular Flickr. O 11 de xullo de 2007, Flickr foi lanzado en sete linguas máis, entre elas o castelán. Ata entón, o sitio estaba dispoñible unicamente en inglés.

Yahoo! Fotos

editar

Yahoo! anunciou que durante o verán do 2007, todas as fotos do servizo Yahoo! Fotos serían borradas. Durante este intermedio, os usuarios do servizo podían optar entre migrar a súa fotos para Flickr, ou ben, deixar que as súas imaxes fosen eliminadas. Aqueles que migraron a Flickr tiveron oportunidade de acceder a unha conta Pro no sitio Flickr por tres meses. Yahoo! Fotos tivo o seu peche definitivo o 18 de outubro de 2007.

Integración co Buscador Yahoo!

editar

Desde o 24 de agosto de 2006, certas procuras co buscador Yahoo! mostraban imaxes desde Flickr, por exemplo "fotos graciosas" ou "viaxes fotográficos".

Contas

editar

Básicas

editar

As contas básicas en Flickr son de balde. Estas contas permiten subir ao servizo arredor de duascentas fotografías, susceptibles de clasificar en tres carpetas diferentes.

As contas Pro son de pago, e con elas pódese subir un número ilimitado de imaxes. Así mesmo, tampouco existe límite na creación de carpetas nas que organizar as fotografías.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar