HTML

linguaxe de marcas para crear páxinas web con hipertexto

A Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto (HTML ou HyperText Markup Language, en inglés) é unha linguaxe de marcas deseñada para crear páxinas web con hipertexto e calquera outra información que se queira para seren vistas cun navegador web.

HTML
Logo
AcrónimoHTML
Tipoweb API, W3C Recommendation, obra creativa, família de formatos de ficheiro, grupo linguístico, Linguaxe de marcas e norma ISO
Data de fundación1989
PaísReino Unido
Na rede
https://www.w3.org/html/ e https://html.spec.whatwg.org/multipage/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O HTML foi desenvolvido orixinalmente por Tim Berners-Lee cando traballaba no CERN e procuraba un medio de intercambio de información que facilitase a publicación de textos facilmente referenciábeis. O protocolo que creou converteuse na World Wide Web (www, Rede Mundial) e popularizouse co navegador Mosaic, realizado no NCSA. Durante a década de 1990, floreceu co crecemento explosivo da Rede. Durante este tempo, a HTML expandiuse a moitos ámbitos.

As primeiras versións de HTML definíronse con regras sintácticas moi laxas, que axudaron á súa adopción por parte dos non iniciados coa publicación na rede. Os navegadores de internet normalmente deducían o significado en certas seccións e amosaban a páxina web. Co tempo, a tendencia dos normativas oficiais foi a de crear unha sintaxe da linguaxe cada vez máis estrita, a pesar de que os navegadores continúan amosando páxinas que aínda están moi afastadas do HTML válido.

Características editar

A característica máis notoria do HTML é a presenza de vínculos que permiten "saltar" a outros lugares desa páxina ou doutras. Xorde da base SGML para converterse nunha linguaxe estrutural de contidos hipertextuais.

A evolución da informática no tempo e o uso masivo por parte dos internautas propiciou que houbese varias variantes da linguaxe ao longo do tempo, con propósitos específicos que van dende a incidencia semántica e interpretabilidade dos contidos, ata a hipermedia que fundamenta a interacción efectiva cos usuarios, pasando por etapas intermedias de gran inestabilidade ligadas a dominancia no competitivo mercado de navegadores.

Actualmente se atopa nun estado bastante estable, dende que a finais dos noventa se especificase a súa integración na sintaxe de XML, mantendo unha política de forte compromiso con semánticas simples no que é o contorno actual da vertente social da rede, con maior incidencia en contidos textuais e relacionais entre individuos que en autoprodución multimedia, e evolucionando cara a varias vertentes, por un lado de aplicacións web (HTML 5) e por outro incidindo na difusión da actual web social (XHTML 2). A estabilidade da Rede depende de que os autores de páxinas e as empresas comparten as mesmas convencións de HTML.

O HTML permite:

Debido a que as páxinas web poden ser mostradas en multitude de modos distintos (navegadores de só texto, distintas configuracións de pantalla, papel, son etc.), o seu deseño céntrase na presentación da información mediante estilos de texto, tabelas* etc. que cada navegador decide como interpretar. A HTML non instrúe sobre, por exemplo, onde se debería colocar unha imaxe; isto déixase ao navegador, que interpreta as intencións do autor. Actualmente, a HTML compleméntase con outras linguaxes, como as follas de estilo, que si explicitan como se mostra o contido, e outras linguaxes de guión, como JavaScript ou PHP, que realizan distintas operacións.

A HTML é un padrón internacional (ISO/IEC 15445:2000) e é mantida polo World Wide Web Consortium (W3C, Consorcio da Rede Mundial). Trátase dunha linguaxe non de programación, senón de etiquetaxe: está orientada cara a presentación de documentos de texto con formatos. Estes documentos de textos créanse cun editor e almacénanse nun ficheiro de texto coa extensión ".html" ou ".htm". Os ficheiros residen nun servidor web que os envía mediante o protocolo HTTP cando o solicita un computador.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar