Folla de cálculo

aplicación informática na que se distribúen datos sobre os que se poden aplicar fórmulas

Unha folla de cálculo é unha aplicación informática na que se distribúen datos en fileiras e columnas sobre os que se poden aplicar fórmulas. A súa potencia como ferramenta reside en que os datos resultantes das operacións recalcúlanse cada vez que se introduce unha modificación. As follas de cálculo teñen aplicación en calquera traballo ou xestión que precise de conxuntos grandes de datos, especialmente na contabilidade e a enxeñaría. En certa medida, as follas de cálculo veñen substituír os libros de contabilidade.

Unha folla de cálculo utilizada para recoller as achegas económicas de varias persoas a un proxecto común.

Entre as funcionalidades adicionais que ofrecen as follas de cálculos está a posibilidade de elaborar gráficos cos que interpretar os datos.

A aplicación que popularizou este concepto foi Lotus 1-2-3. Outras follas de cálculo en uso son Excel, incluída na suite ofimática Office de Microsoft, Quattro Pro e Calc, incluída na suite ofimática OpenOffice.org.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.