Organización Europea para a Investigación Nuclear

(Redirixido desde «CERN»)

A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) é a institución que xestiona o maior laboratorio de investigación en física de partículas a nivel mundial, entre Francia e Suíza. As siglas proceden do seu primeiro nome oficial provisional Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire que data de 1952 cando se acordou o seu establecemento. Coa súa fundación oficial en 1954 o nome mudouse a Organisation Européenne pour la Recherche Nucléaire, mantendo aínda así as súas siglas anteriores CERN.

Organización Europea para a Investigación Nuclear
CERN (7825770258).jpg
CERN-aerial 1.jpg
Tipoorganización internacional e nuclear research institute
Campo de traballofísica de partículas e Física de Alta Energia
Data de fundación29 de setembro de 1954
Presidente/aUrsula Bassler (2019-)
Director/aRolf-Dieter Heuer, Robert Aymar, Luciano Maiani, Christopher Llewellyn Smith, Carlo Rubbia, Herwig Schopper, Léon Van Hove, John Adams, John Adams, Willibald Jentschke, Bernard Gregory, Victor Weisskopf, John Adams, Cornelius Jan Bakker, Felix Bloch Erben, Edoardo Amaldi e Fabiola Gianotti
Nº de membros23
Nº de empregados2.635 (2020)
Orzamento1230200000 Franco suízos
Eventos/ActividadesDiscovery of the Higgs Boson e Opening the tetraquark
PremiosPremio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica e UNESCO Niels Bohr Medal
SedePrévessin-Moëns e Meyrin
PaísSuíza e Francia
46°14′04″N 6°02′57″L / 46.234493, 6.049129Coordenadas: 46°14′04″N 6°02′57″L / 46.234493, 6.049129
Na rede
https://home.cern
Facebook: cern Twitter: CERN Instagram: cern Youtube: UCrHXK2A9JtiexqwHuWGeSMg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

Fundado en 1954 por 12 países europeos dos cales dous deixaron logo de existir (Iugoslavia e República Federal Alemá), o CERN é, hoxe en día, un modelo de colaboración científica internacional e un dos centros de investigación máis importantes do mundo. Actualmente conta con 20 estados membros, os cales comparten o financiamento e a toma de decisións da organización. Á parte destes, outros 28 países non membros participan con científicos de 220 institutos e universidades en proxectos co CERN, utilizando as instalacións. Destes estados non membros, oito estados e organizacións teñen a calidade de observadores, participando nas reunións do consello.

O primeiro grande éxito científico do CERN produciuse no 1984 cando Carlo Rubbia e Simon van der Meer obtiveron o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos bosóns W e Z. No 1992 tocoulle a quenda a Georges Charpak "pola invención e o desenvolvemento de detectores de partículas, en particular a cámara proporcional multifíos".

O 4 de xullo de 2012 mostráronse ao público os resultados preliminares dos estudos que confirmarían finalmente a descuberta do bosón escalar no acelerador de partículas do CERN[1]. Este achado reportaría o Premio Nobel para Peter Higgs e François Englert no ano 2013, ao vérense respaldadas as súas teorías científicas pola evidencia práctica.

No 2019 apróbase FASER (Forward Search Experiment), experimento deseñado para a procura de partículas lixeiras e de interacción débil asociadas á materia escura. É instalado no período de descanso do LHC para entrar en funcionamiento a partir de 2021.[2]

FuncionamentoEditar

O CERN atópase en Suíza, preto de Xenebra, e próximo á fronteira con Francia. Conta cunha serie de aceleradores de partículas entre os que destaca o, xa desmantelado, LEP (Large Electron-Positron Collider, Gran Colisor Electrón-Positrón). No seu lugar construíuse o LHC (Large Hadron Collider, Gran Colisor de Hadróns), un acelerador protón-protón que opera a maior enerxía e luminosidade (prodúcense máis colisións por segundo) de 27 km de circunferencia e que constitúe a máquina máis grande xamais construída. Este incremento en enerxía e luminosidade permitiu descubrir o esquivo bosón de Higgs, e espérase que poida axudar a confirmar ou desestimar teorías de partículas como as teorías supersimétricas ou as teorías de tecnicolor. Púxose en funcionamento o 10 de setembro de 2008. Ten catro detectores principais, un deles é ALICE.[3] Os outros, ATLAS, CMS e LHCb. O fluxo de datos producido é inmenso. Cavbe dicir ó respecto que ATLAS e CMS producen uns 50 Tbytes de datos cada segundo.[4]

O éxito do CERN non é só a súa capacidade para producir resultados científicos de grande interese, senón tamén o desenvolvemento de novas tecnoloxías tanto informáticas como industriais. Entre os primeiros destaca en 1990 a invención da WWW polos científicos Tim Berners-Lee e Robert Cailliau, mais débese evitar esquecer o desenvolvemento e mantemento de importantes bibliotecas matemáticas (CERNLIB) usadas durante moitos anos na maioría de centros científicos, ou tamén sistemas de almacenamento masivo (o LHC almacenará un volume de datos da orde de varios PB (petabytes) cada ano). Entre os segundos podemos citar imáns de 9 T en varios metros, detectores de grande precisión, imáns supercondutores de grande uniformidade ao longo de varios quilómetros etc.

Os países e organizacións observadoras son a Comisión Europea (institución da Unión Europea), India, Israel, Xapón, Rusia, Turquía, a Unesco e Estados Unidos. A lista de países non membros involucrados en programas do CERN complétana Acerbaixán, Alxeria, Arxentina, Armenia, Australia, Belarús, Brasil, Canadá, Colombia, República Popular da China, Croacia, Chipre, Estonia, Xeorxia, Islandia, Irán, Irlanda, México, Marrocos, Paquistán, Perú, Romanía, Serbia, Eslovenia, Suráfrica, Corea do Sur, Taiwán e Ucraína.

NotasEditar

  1. Nova do achado do Bosón de Higgs
  2. Boletín RSEF. Número 89. Marzo 2019, p.4
  3. Jr, Glenn Roberts. "How to get a particle detector on a plane". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-21. 
  4. Charley, Sarah. "Long-lived particles get their moment". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-17. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar