Premio Nobel de Física

O Nobel de Física (un dos Premios Nobel) é unha condecoración creada pola Fundación Nobel, de gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento. É un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia, a eminentes investigadores que salienten na produción de coñecementos innovadores no eido da física. A medalla e o diploma da fundación son oficialmente entregadas polo rei de Suecia, o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio. Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).[1]

Premio Nobel de Física
Tipopremio de física e premio científico
Data de fundación1901
Nomeado en referencia aAlfred Nobel
PaísSuecia
Na rede
http://nobelprize.org/
editar datos en Wikidata ]
A 1ª Conferencia de Solvay, en 1911, na que participaron 9 laureados co Nobel de Física. Sentados, de esquerda a dereita: W. Nernst, M. Brillouin, E. Solvay, H. Lorentz (presidente da conferencia), E. Warburg, J. Perrin, W. Wien, M. Curie e H. Poincaré. De pé, de esquerda a dereita: R. Goldschmidt, M. Planck, H. Rubens, A. Sommerfeld, F. Lindemann, M. de Broglie, M. Knudsen, F. Hasenöhrl, G. Hostelet, E. Herzen, J.H. Jeans, E. Rutherford, H. Kamerlingh Onnes, A. Einstein e P. Langevin.

Premiados editar

Data Laureados Nacionalidade Traballos recompensados
1901 Wilhelm Conrad Röntgen   Imperio Alemán Descuberta dos raios X
1902 Hendrik Antoon Lorentz
Pieter Zeeman
  Países Baixos Polos seus estudos sobre a influencia do magnetismo na

radiación, en especial pola descuberta da polarización das liñas espectrais dunha fonte luminosa debida a un campo magnético (Efecto Zeeman)

1903 Antoine Henri Becquerel
Pierre Curie
Marie Curie
  Francia Descuberta da radioactividade e isolamento de dous

elementos radioactivos: o radio e o polonio

1904 Lord John William Strutt   Inglaterra Descuberta do argon
1905 Philipp Lenard   Imperio Alemán Polo seu traballo sobre os raios catódicos
1906 Sir Joseph John Thomson   Inglaterra Pescudas sobre a condución do gas. Primeiro modelo atómico.
1907 Albert Abraham Michelson   Estados Unidos Desenvolvemento de diversos instrumentos ópticos de

precisión e investigacóns desenvolvidas con estes instrumentos nos campos da espectroscopía e meteoroloxía

1908 Gabriel Lippmann   Francia Polo seu método de reproducir fotografías en cor baseado

nos fenómenos de interferencia luminosa

1909 Guglielmo Marconi
Karl Ferdinand Braun
  Italia
  Imperio Alemán
Invención da telegrafía sen fíos por ondas hertzianas

e do osciloscopio catódico (tubo de Braun)

1910 Johannes Diderik van der Waals   Países Baixos Ecuación de estado para gases e líquidos (lei de Van

der Waals)

1911 Wilhelm Wien   Imperio Alemán Descubrimento sobre as leis da radiación da calor
1912 Gustaf Dalén   Suecia Invención do regulamento automático para a chama

das farolas e dos faros.

1913 Heike Kamerlingh Onnes   Países Baixos Pola súa investigación das propiedades da materia

a baixas temperaturas.

1914 Max von Laue   Imperio Alemán Polo seu descubrimento da difracción dos raios X polo cristais.
1915 William Henry Bragg
William Lawrence Bragg
  Inglaterra Fundamentos da radiocristalografía moderna
1916 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1917 Charles Glover Barkla   Inglaterra Propagación das ondas de radio e os raios X
1918 Max Planck   Alemaña Polo seu descubrimento dos cuantos de enerxía.
1919 Johannes Stark   Alemaña O efecto Stark: descomposición dos raios espectrais

por un campo eléctrico

1920 Charles Edouard Guillaume   Suíza Pola mellora da precisión das medidas en Física

debido ó descubrimento de anomalías nas aliaxes níquel-aceiro.

1921 Albert Einstein   Alemaña Polo impulso ó avance da física teórica, en particular

pola lei do Efecto fotoeléctrico

1922 Niels Bohr   Dinamarca Pola investigación da estrutura do átomo e a radiación

emanada deles (mellora teórica do modelo de Rutherford)

1923 Robert Andrews Millikan   Estados Unidos Pola medida da carga eléctrica elemental do electrón.
1924 Karl Manne Georg Siegbahn   Suecia Polo seu traballo no campo da espectroscopía dos raios X.
1925 James Franck
Gustav Ludwig Hertz
  Alemaña Polo descubrimento das leis que regulan o impacto do

electrón sobre o átomo

1926 Jean Baptiste Perrin   Francia Polo traballo sobre a estrutura descontinua da materia.
1927 Arthur Holly Compton
Charles Thomson Rees Wilson
  Alemaña
  Escocia
Polo descubrimento do efecto Compton.

Polo seu método de visualización de camiños seguidos

polas partículas eléctricas (cámara de Wilson)

1928 Sir Owen Willans Richardson   Inglaterra Polo seu traballo sobre o efecto termoiónico (lei de Wilson)
1929 Louis de Broglie   Francia Polo seu descubrimento da natureza ondulatoria do electrón,
1930 Sir Chandrasekhara Venkata Raman   India Polo seu traballo sobre a dispersión da luz (efecto Raman)
1931 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1932 Werner Heisenberg   Alemaña Pola creación da mecánica cuántica.
1933 Paul Adrien Maurice Dirac
Erwin Schrödinger
  Inglaterra
  Austria
Polo descubrimento de novas formas na teoría atómica.
1934 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1935 James Chadwick   Inglaterra Descuberta do neutrón
1936 Carl David Anderson
Victor Franz Hess
  Estados Unidos
  Austria
Polo descubrimento do positrón.

Polo seu descubrimento da radiación cósmica.

1937 Clinton Joseph Davisson
Sir George Paget Thomson
  Estados Unidos
  Inglaterra
Pola descuberta experimental da difracción dos electróns

polos cristais.

1938 Enrico Fermi   Italia Pola súa demostración da existencia de novos

elementos radioactivos producidos por irradación de neutróns e o descubrimento relacionado das

reaccións nucleares por neutróns lentos.

1939 Ernest Lawrence   Estados Unidos Pola invención, desenvolvemento e resultados do ciclotrón.
1940 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1941 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1942 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1943 Otto Stern   Estados Unidos Polo descubrimento do momento magnético do protón

e o método do raio molecular.

1944 Isidor Isaac Rabi   Estados Unidos Polo método de resonancia en relación coas

propiedades magnéticas do núcleo atómico.

1945 Wolfgang Ernst Pauli   Austria Polo descubrimento do principio de exclusión (Ppo. de

exclusión de Pauli)

1946 Percy Williams Bridgman   Estados Unidos Pola invención dun aparello para producir moi altas presións.
1947 Edward Victor Appleton   Inglaterra Polas súas investigacións sobre a alta atmosfera, en

particular, polo descubrimento da capa Appleton.

1948 Patrick Maynard Stuart Blackett   Inglaterra Polo desenvolvemento do método da cámara de

néboa de Wilson, e os descubrimentos subsecuentes na física nuclear e a radiación cósmica.

1949 Hideki Yukawa (湯川 秀樹)   Xapón Polo descubrimento dos mesóns en base ó traballo

teórico sobre as forzas nucleares.

1950 Cecil Frank Powell   Inglaterra Polo desenvolvemento do método fotográfico para o

estudo dos procesos nucleares e a súa aplicación -ó estudo dos mesóns.

1951 Sir John Cockcroft
Ernest Walton
  Inglaterra
  Irlanda
Polo seu traballo sobre a transmutación de núcleos

atómicos producido por partículas atómicas aceleradas artificialmente.

1952 Felix Bloch
Edward Mills Purcell
  Estados Unidos Polo desenvolvemento de novos métodos de

medidas magnéticas de precisión.

1953 Frits Zernike   Países Baixos Polo método de contraste de fase a a súa

aplicacion ó microscopio de contraste de fase.

1954 Max Born
Walther Wilhelm Georg Bothe
  Alemaña Occidental Pola súa investigación fundamental en mecánica

cuántica, e en particular, pola súa interpretación estatística da función de onda.

Polo método de coincidencia.

1955 Willis Eugene Lamb
Polykarp Kusch
  Estados Unidos Polos descubrimentos relacionados coa estrutura

fina do espectro do hidróxeno.

Pola determinación precisa do momento magnético

do electrón.

1956 William Bradford Shockley
Walter Houser Brattain
John Bardeen
  Estados Unidos Polas súas investigacións sobre semicondutores e

o efecto transistor.

1957 Chen Ning Yang (楊振寧)
Tsung-Dao Lee (李政道)
  China Pola súa profunda investigación das leis de paridade.
1958 Pavel Tcherenkov (Павел Черенков)
Ilia Frank (Илья Франк)
Igor Tamm (Игорь Тамм)
  URSS Polo descubrimento e interpretación do efecto Tcherenkov.
1959 Emilio Gino Segrè
Owen Chamberlain
  Estados Unidos Descuberta do antiprotón
1960 Donald Arthur Glaser   Estados Unidos Pola invención da cámara de burbullas.
1961 Robert Hofstadter
Rudolf Ludwig Mössbauer
  Estados Unidos
  Alemaña Occidental
Polos seus estudos pioneiros na dispersión do

electrón no núcleo atómico e os seus descubrimentos na estrutura dos nucleóns.

Polos seus estudos sobre a absorción resonante da

radiación gamma e o efecto Mössbauer.

1962 Lev Davidovich Landau (Лев Давидович Ландау)   URSS Polas súas teorías para a materia condensada,

especialmente, helio líquido.

1963 Eugene Paul Wigner
Maria Goeppert-Mayer
Hans Daniel Jensen
  Estados Unidos Pola súa contribución á teoría do núcleo atómico e

partículas elementais, particularmente polo descubrimento e aplicación de principios de simetría.

Polos seus descubrimentos sobre a superficie nuclear.

1964 Charles Townes
Nikolai Basov (Николай Геннадиевич Басов)
Alexandre Prokhorov (Александр Михайлович Прохоров)
  Estados Unidos
  URSS

  URSS
Polo seu traballo no campo da electrónica cuántica, que

levou á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos maser e láser.

1965 Julian Schwinger
Richard P. Feynman
Sin-Itiro Tomonaga (朝永 振一郎)
  Estados Unidos
  Estados Unidos
  Xapón
Polo seu traballo en electrodinámica cuántica.
1966 Alfred Kastler   Francia Polo desenvolvemento de métodos ópticos para o

estudo das resonancias hertzianas nos átomos.

1967 Hans Bethe   Estados Unidos Polas súas contribuciónas á teoría das reaccións

nucleares, en particular no relacionado coa enerxía das estrelas.

1968 Luis Walter Álvarez   Estados Unidos Pola súa decisiva contribución á física das

partículas elementais, en particula o descubrimento dun gran número de estados de resonancia.

1969 Murray Gell-Mann   Estados Unidos Pola contribución á clasificación das partículas elementais e as súas interaccións.
1970 Hannes Alfvén
Louis Eugène Félix Néel
  Suecia
  Francia
Polos seus descubrimentos en magnetohidrodinámica e a aplicación de física do plasma.
1971 Dennis Gabor   Hungría Pola invención e desenvolvemento do método holográfico.
1972 John Bardeen
Leon Cooper
John Robert Schrieffer
  Estados Unidos Pola teoría da supercondutividade (Teoría BCS)
1973 Leo Esaki (江崎 玲於奈)
Ivar Giaever
Brian David Josephson
  Xapón
  Estados Unidos
  Gales
Polo estudo do efecto túnel en semicondutores.

Polo estudo do efecto túnel en supercondutores.

Pola predición teórica de propiedade dunha

supercorrente a traverso dunha barreira túnel, en

particular, o efecto Josephson.

1974 Sir Martin Ryle
Antony Hewish
  Inglaterra Pola súa investigación en radio astrofísica (técnica de

apertura de síntese e descubrimento dos púlsares, respectivamente)

1975 James Rainwater
Aage N. Bohr
Ben Roy Mottelson
  Estados Unidos
  Dinamarca
  Dinamarca
Polo estudo e descubrimento da relación entre

movemento colectivo e movemento particular nos núcleos atómicos, e o desenvolvemento subsecuente da teoría do núcleo atómico.

1976 Burton Richter
Samuel Chao Chung Ting (丁肇中)
  Estados Unidos Polos traballos sobre o descubrimento de partículas elementais pesadas dun novo tipo.
1977 Philip Warren Anderson
Sir Nevill Francis Mott
John Hasbrouck van Vleck
  Estados Unidos
  Inglaterra
  Estados Unidos
Polo estudo da estrutura electrónica dos sistemas

magnéticos desordeados.

1978 Petr Kapitsa (Петр Леонидович Капица)
Arno Allan Penzias
Robert Woodrow Wilson
  URSS
  Estados Unidos
  Estados Unidos
Polas súas invencións e descubrimentos na área da

física de baixas temperaturas.

Polo seu descubrimento da radiación de fondo de microondas.

1979 Sheldon Lee Glashow
Abdus Salam
Steven Weinberg
  Estados Unidos
  Paquistán
  Estados Unidos
Pola teoría da campo unificado electrodébil.
1980 James Watson Cronin
Val Logsdon Fitch
  Estados Unidos Polo estudo da violación de principios fundamentais de

simetría no decaemento dos mesóns K neutros.

1981 Nicolaas Bloembergen
Arthur Leonard Schawlow
Kai Siegbahn
  Estados Unidos
  Estados Unidos
  Suecia
Polo desenvolvemento da espectroscopía láser

Polo desenvolvemento da espectroscopía electrónica

de alta resolución

1982 Kenneth Geddes Wilson   Estados Unidos Pola teoría dos fenómenos críticos en relación coas

transicións de fase

1983 Subrahmanyan Chandrasekhar
William A. Fowler
  Estados Unidos  Estados Unidos Polos estudos teóricos na estrutura e evolución das estrelas

Pola contribución ó estudo da xénese dos elementos químicos

1984 Carlo Rubbia
Simon van der Meer
  Italia
  Países Baixos
Pola contribución á obtención das partículas W e Z,

portadoras da forza electrodébil

1985 Klaus von Klitzing   Alemaña Occidental Pola descuberta do Efecto Hall cuántico
1986 Gerd Binnig
Heinrich Rohrer
Ernst August Friedrich Ruska
  Alemaña Occidental
  Suíza
  Alemaña Occidental
Polo deseño do primeiro microscopio electrónico
1987 Johannes Georg Bednorz
Karl Alexander Müller
  Alemaña Occidental
  Suíza
Polos avances na supercondutividade en materiais metálicos
1988 Leon Lederman
Melvin Schwartz
Jack Steinberger
  Estados Unidos Pola demostración da estrutura dobre dos leptóns
1989 Hans Georg Dehmelt
Wolfgang Paul
Norman Foster Ramsey
  Alemaña Occidental
  Alemaña Occidental

  Estados Unidos

Polo desenvolvemento das bases dos reloxos atómicos

Polo desenvolvemento da trampa de ións

1990 Jerome Isaac Friedman
Henry Way Kendall
Richard E. Taylor
  Estados Unidos
  Estados Unidos
  Canadá
Por establecer as bases para o modelo de quarks
1991 Pierre-Gilles de Gennes   Francia Pola xeneralización de métodos de estudo a formas

complexas de materia

1992 Georges Charpak   Francia Pola invención e desenvolvemento de detectores de partículas
1993 Russell Alan Hulse
Joseph Hooton Taylor
  Estados Unidos Descuberta dun pulsar nun sistema de estrelas binarias
1994 Bertram N. Brockhouse
Clifford G. Shull
  Canadá
  Estados Unidos
Estudo da estrutura e das propiedades dos cristais
1995 Martin Lewis Perl
Frederick Reines
  Estados Unidos Descuberta do leptón τ
Pola detección do neutrino
1996 Douglas Dean Osheroff
David Morris Lee
Robert Coleman Richardson
  Estados Unidos Polo descubrimento da superfluideza no Helio-3
1997 Claude Cohen-Tannoudji
Steven Chu
William Daniel Phillips
  Francia
  Estados Unidos
  Estados Unidos
Desenvolvemento de métodos para arrefecer e atrapar

átomos con luz láser

1998 Robert B. Laughlin
Horst L. Störmer
Daniel C. Tsui
  Estados Unidos
  Alemaña
  Estados Unidos
Polo descubrimento dunha nova forma de fluído

cuántico con excitacións cargadas fraccionais (efecto Hall cuántico)

1999 Gerardus 't Hooft
Martinus J. G. Veltman
  Países Baixos Por dilucidar a estrutura cuántica da interacción

electrofeble na física de partículas

2000 Zhores Ivanovich Alferov
Herbert Kroemer
Jack S. Kilby
  Belarús
  Alemaña
  Estados Unidos
Desenvolvemento de heteroestruturas semi-condutoras

para a electrónica rápida e a optoelectrónica

2001 Eric A. Cornell
Wolfgang Ketterle
Carl E. Wieman
  Estados Unidos
  Alemaña
  Estados Unidos
Pola realización doa condensado de Bose-Einstein en

gases enrarecidos de átomos alcalinos

2002 Masatoshi Koshiba (小柴 昌俊)
Raymond Davis
Riccardo Giacconi
  Xapón
  Estados Unidos
  Estados Unidos
Polas súas contribucións pioneiras á astrofísica, en

particular na detección de neutrinos cósmicos (Koshiba e Davis), e a descuberta das fontes astrofísicas de raios X (Giacconi)

2003 Alekséi Alekséyevich Abrikósov (Алексей Алексеевич Абрикосов)
Vitaly L. Ginzburg (Виталий Лазаревич Гинзбур)
Anthony J. Leggett
  Rusia
  Rusia
  Estados Unidos
Polas súas contribucións pioneiras á teoría dos supercondutores e superfluídos
2004 David Gross, H. David Politzer e Frank Wilczek   Estados Unidos Polos seus descubrimentos sobre as interaccións dos

quarks formulando o concepto de liberdade asintótica en cromodinámica cuántica

2005 Roy J. Glauber

John L. Hall
Theodor W. Hänsch

  Estados Unidos  Estados Unidos
  Alemaña
Roy J. Glauber pola súa contribución á teoría

cuántica de coherdanza óptica.
John L. Hall e Theodor W. Hänsch, polas súas contribucións ó desenvolvemento da espectroscopía de precisión baseada en láser, incluíndo a técnica de frecuencia óptica combinada

2006 George Fitzgerald Smoot John Cromwell Mather   Estados Unidos Pola descuberta da natureza dos corpos negros, da

radiación cósmica de fondo e das súas anisotropías

2007 Albert Fert

Peter Grünberg

  Francia
  Alemaña
Polas simultáneas da magnetorresistencia xigante
2008 Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa,
e mais Yoichiro Nambu
  Xapón
  Estados Unidos
Polo descubrimento da orixe da disimetría que predí cando menos a existencia de tres familias de quarks
Polo descubrimento dos mecanismos de disimetría

espontánea en física subatómica.

2009 Charles K. Kao,
Willard S. Boyle

George E. Smith.

  Hong Kong
  Estados Unidos
Polos seus traballos na comunicación óptica e de

circuítos semicondutores.

2010 Andre Geim,
Konstantín Novosiólov.
  Rusia Polos seus traballos no desenvolvemento do grafeno.
2011 Saul Perlmutter, Adam Riess,
e Brian Schmidt.
  Estados Unidos
  Australia
Polo descubrimento da expansión acelerada do universo

a través do estudo e observación das supernovas.

2012 Serge Haroche
David Wineland
  Francia
  Estados Unidos
Pola súa metodoloxía revolucionaria que permitiu

medir e manipular os sistemas individuais de quanto.

2013 Peter Higgs
François Englert
  Reino Unido
  Bélxica
Polos seus traballos e concepción do bosón de Higgs.
2014 Isamu Akasaki
Hiroshi Amano
Shuji Nakamura
  Xapón Pola invención do LED azul, que permite iluminación

branca, brillante e de baixo consumo.

2015 Takaaki Kajita
Arthur B. McDonald
  Xapón
  Canadá
Pola descuberta das oscilacións dos neutrinos, que

permiten demostra que os neutrinos teñen masa.

2016 David J. Thouless
Duncan Haldane
Michael Kosterlitz
  Reino Unido
  Reino Unido
  Reino Unido
Polos descubrimentos teóricos nas transicións de fase

topolóxicas e as fases topolóxicas da materia.

2017 Rainer Weiss
Kip Thorne
Barry Barish
  Estados Unidos
  Estados Unidos
  Estados Unidos
Pola descuberta das ondas gravitacionais.
2018 Arthur Ashkin
Gérard Mourou
Donna Strickland
  Estados Unidos
  Francia
  Canadá
Polos seus traballos no deseño e creación de

ferramentas baseadas en luz.

2019 James Peebles (1/2)
Michel Mayor (1/4)
Didier Queloz (1/4)
  Canadá
  Suíza
  Suíza
Pola contribución á nosa comprensión da evolución do

Universo e do lugar da Terra no cosmos.

2020 Roger Penrose (1/2)
Reinhard Genzel (1/4)
Andrea Ghez (1/4)
  Reino Unido
  Alemaña
  Estados Unidos
Polo descubrimento de que a formación de buratos negros é unha predición robusta da teoría xeral da relatividade.
Polo descubrimento dun obxecto compacto

supermasivo no centro da nosa galaxia.

2021 Syukuro Manabe (1/4)
Klaus Hasselmann (1/4)
Giorgio Parisi (1/2)
  Xapón
  Alemaña
  Italia
Pola modelaxe do clima terrestre, a cuantificación da variabilidade e a predición do cambio climático.
Pola descuberta da interacción desordenada e das flutuacións en sistemas físicos.
2022 Alain Aspect
John Clauser
Anton Zeilinger
  Francia
  Estados Unidos   Austria
Polos seus avances sobre o control do entrelazamento cuántico.
2023 Pierre Agostini[2]
Ferenc Krausz
Anne L'Huillier
  Francia
  Hungría
  Francia
Polos seus estudos das dinámicas dos electróns na materia e as súas contribucións á física do attosegundo.[3]

Notas editar

  1. O contido da lista de premiados está baseado na información da páxina dos premios Nobel, www.nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/
  2. Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  3. Redacción (3 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Física 2023: qué son los pulsos de luz de attosegundos por los que Pierre Agostini, Ferenc Krausz y Anne L'Huillier recibieron el galardón". bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar