Toshihide Maskawa
físico xaponés
Toshihide Maskawa (益川 敏英), nado en Nagoya o 7 de febreiro de 1940 e finado en Quioto o 23 de xullo de 2021,[1] foi un físico xaponés.
Toshihide Maskawa | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1940 |
Lugar | Nagoya (Xapón) |
Falecemento | 23 de xullo de 2021 |
Lugar | Quioto |
Causa | cancro |
Residencia | Xapón |
Nacionalidade | Xaponesa |
Actividade | |
Campo | Física |
Alma máter | Universidade de Nagoya |
Director de tese | Shoichi Sakata |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Física (2008) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi recoñecido polo seu traballo na física de partículas, concretamente co concepto de Violación CP. O seu artigo "Violación CP na teoría renormalizada da interacción débil"[2] (1973) escrito xunto a Makoto Kobayashi era en 2007 o terceiro documento de física máis citado de todos os tempos.[3] A matriz Cabibbo-Kobayashi-Maskawa, na que se definen os máximos parámetros entre quarks, é froito do seu traballo. En 2008 gañou, xunto a Makoto Kobayashi e a Yoichiro Nambu, o Premio Nobel de Física.[4][5][6]
NotasEditar
- ↑ ノーベル物理学賞受賞 益川敏英さん死去 81歳 (en xaponés)
- ↑ CP Violation in the renormalizable theory of weak interaction Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ Top cited articles of all estafe (2007 edition)(en castelán)
- ↑ reuters.com, Dous xaponeses e un estadounidense gañan o Nobel de Física 2008
- ↑ "Nobel para tres exploradores de la materia subatómica". El País (en castelán). 2008-10-07. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-01.
- ↑ La Jornada (7 de outubro de 2008). "Nobel de Física a investigadores da "ruptura espontánea da simetría"" (en español). Consultado o 08/10/2008.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toshihide Maskawa |